Edelmiro Luis Mateo García


Pseudónimo:Mestremiro
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 13 de abril de 1963
Lugar de Nacemento: Verín (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É diplomado en Pedagoxía pola USP de Valladolid e licenciado en Filosofía pola UPS de Salamanca. Cursou estudio de música (acordeón e clarinete), expresión corporal, ocio e tempo libre, fotografía, DEI, informática musical e talleres creativos para a escola. Na actualidade desempeña os seguintes cargos: Director da "Coral de Verín" (desde 1993), director do "Coro do Centro de Servicios Sociais de Verín" (desde 1993), director do grupo de teatro "Toural" de Verín (desde 1995), director e fundador do grupo de acordeóns "Sons do Mestremiro" (desde 1994) e director da "Coral Candeana de Viana do Bolo" (desde 1999).

 Obras realizadas

a) Novelas: Arroín (1995), Xirenel (1996) e A Quinta da Muradella (1997), b) Teatro: ¿Qué hago yo? (1985), He encontrado mi nota (1985), La televisión endiablada (1985), Cousas (1995), Os pelegrins do bucio (1998), Nunca é tarde cando chega (2000) e Os amores da Marica (2000). c)Ensaio: Educación estatal y/o educación privada (1987), La dimensión mística del primer Wittgenstein (1988, tese de licenciatura), El canto y la música en la liturgia (1990), El lenguaje del silencio (1991) e Conciencia crítica de la nueva cultura (1992). d) Conferencias: Cecilia, la doble corona de la inocencia (1994), La música como expresión íntima del hombre (1998), A música popular como un sentimento propio (2001) e Educación sexual para a xuventude (2001). e) Música: -Composicións propias: Arroín (4vm) (1995), O pandeiro, villancico (1995), Chegou a paz (vilancico 4vm) (1999), ¡Ai o neno! (4vm) !1996), Balada (piano) (1995), Habanera blanca (acordeón) (1997), ¡Hala, Verín! (himno) (1998), Arrepío (acordeón) 1998, Vira nupcial (acordeón y clarinete) (1999), Son de rei (canción de berce) (1999) e Nanaela (canción de berce) (1999). -Arredor dun cento de harmonizacións para coro mixto. -Arredor de duascentas pezas harmonizadas para acordeón. f) Relato curto: A mosca web (primeiro premio Letras Galegas 1998), Fantasía (primeiro premio en "La liebre de marzo", Valladolid, 1983), Carta metafísica a una desconocida, En busca de mi Mi, Antonino, Epístola consagrada, O quinto arrepío, Carta a un amigo e El pájaro que hizo aerobic. g) Investigación: O cantigueiro de Baroncelli (recompilación da historia, música e poesía de Monteira) (2000), Coral de Verín. Dez anos creando ilusións (2001), Teoría musical para iniciados (1998) e O mata penas (cancioneiro para o ocio) (1997). h) Libros de música: Cancioneiro Sons do Mestremiro (2 volúmenes), Cantigas populares para acordeón (1997), Cantigas para acordeón (1998) e Somos alegres (Valladolid, 1985).