Mercedes Ruibal


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: En 1928 (†12 de abril de 2003)
Lugar de Nacemento: Xeve (Pontevedra)
 Currículum

Mercedes Ruibal emigrou á Arxentina, onde coñeceu a Laxeiro e converteuse na súa discípula. Trala súa estancia durante varios anos na capital arxentina regresou a Madrid, onde foi asidua do Café Xixón e gozou de gran popularidade. Casou co arquitecto Agustín Pérez Bellas.

 Obras realizadas

Mercedes Ruibal creou unha obra orixinalísima, na que destacaron fundamentalmente os seus cadros de tema taurino.

 Outros datos de interese

O Concello de Vigo dedicoulle unha exposición antolóxica en 1993. Ademais, a súa obra figura en importantes museos galegos, no Museo de Arte Contemporánea de Madrid e nos fondos de Caixanova.