Antonio Lens Viera


Categoría: Farmacéutico e político
Lugar de Nacemento: Cuba
 Currículum

Este galego nacido en Cuba volveu á terra dos seus antepasados e afincouse na Coruña, onde exerceu a profesión de farmacéutico. Foi concelleiro no concello da Coruña en cinco ocasións entre 1901 e 1931. Posteriormente, foi alcalde desde o 1 de abril de 1920 ata o 28 de xullo de 1921. Unha das iniciativas máis importantes de Antonio Lens foi a creación da institución "Cocina Económica" en 1886.