Antonio García Bouzas


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1680 (†23 de maio de 1755)
Lugar de Nacemento: Santa María de Lamas (A Coruña)
 Currículum

A súa formación tivo lugar en Madrid, onde aprendeu co pintor italiano Lucas Jordán. En 1799, cando regresou a Galicia, foi nomeado pintor oficial da catedral.

 Obras realizadas

En 1747 pintou na fachada do Obradoiro, xunto con outros pintores, as once imaxes que se fixeran anteriormente. Traballou, ademais, noutros templos e capelas de Galicia como son a capela do Rosario de Santo Domingo, San Martín Pinario, Hospital Real, etc. Ademais, dourou o bordón e a cabeza de Santiago Apóstolo, e os cetros dos reis. As súas obras máis importantes están na sancristía da catedral. Tamén pintou obras independentemente da arquitectura, sendo a máis importante o cadro La Virgen, que está no convento de Santo Domingo de Compostela. Tamén realizou un cadro do Apóstolo Santiago no altar da capela de don Lope e un retrato de Fernando VI.