Estudiou Medicina en Santiago. En 1917 creou en Ferrol unha clínica de cirurxía e fíxose famoso fundamentalmente pola súa calidade humana para cos máis humildes.A súa actividade política céntrase principalmente na defensa do galeguismo e socialismo, participando na I Asemblea das Irmandades da Fala e noutras asembleas políticas. Polo que respecta á súa actividade cultural, participou en varios periódicos como Ferrol Deportivo, Diario de Vigo ou El Correo Gallego, no que chegou a ser director e redactor xefe. Tamén dirixiu a revista Céltiga.Co alzamento militar, foi fusilado en 1936.
Ademais do seu labor político, Xaime Quintanilla realizou un interesante labor cultural, publicando obras como Saudade en 1922, a comedia dramática Alén, o drama Donosiña ou o traballo O nazonalismo musical galego.