Jesús Parga López


Categoría: Xornalista
Data de Nacemento: 26 de xullo de 1944
Lugar de Nacemento: San Pedro de Benquerencia, Barreiros (Lugo)
 Currículum

Comezou a súa tarefa profesional colaborando en La Voz de Galicia e na Cadea Ser en Lugo, provincia na que tamén foi delegado do Ideal Gallego e traballou na Cope como redactor e responsable dos seus informativos. Dentro da mesma cadea radiofónica, foi director da emisora de Santiago e director rexional en Asturias, Cantabria e Galicia.
En 1997 foi nomeado secretario xeral de relacións cos medios informativos da Xunta de Galicia, cargo que deixou en 2003, reincorporándose novamente á dirección rexional da Cadea Cope. Foi director xerente do Grupo de Comunicación Gallego ‘El Progreso’.