Antonio Figueras Huerta


Categoría: Biólogo
Data de Nacemento: En 1957
 Currículum

Doutor en Bioloxía.

 Obras realizadas

É autor duns 200 traballos científicos publicados en revistas científicas e varios libros.
Foi investigador responsable de proxectos nacionais e europeos e dirixiu máis de dez teses doutorais.
Responsable do Laboratorio Nacional de Referencia para enfermidades de moluscos bivalvos, foi premiado pola Real Academia Galega de Ciencias-Fundación Caixa Galicia e a Xunta Asesora de Cultivos Mariños (MAPA).
Asesora á Unión Europea en Patoloxía de Organismos da Acuicultura.
Foi director do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) entre 2001 e 2005.
Na actualidade é coordinador do Proxecto Aquagenomics (Consolider-Ingenio 2010) para o desenvolvemento de ferramentas biotecnolóxicas na mellora da produción da Acuicultura.
Na actualidade traballa na resposta inmune de peixes e moluscos bivalvos.