Comeza a tocar de moi novo, primeiro a batería, despois a guitarra e logo os teclados. Tras escoitar ós primeiros cantautores galegos alá polos anos 70, comprende a necesidade de “facer país” e así toda a súa obra foi concibida e cantada na nosa lingua, o galego. Despois de deixar o conservatorio en Madrid chega a París en “plena ditadura”. Alí pode palpar e concienciarse da cruel e miserenta emigración que sufre o noso pobo, así nace a súa primeira obra “Aínda que comamos centeo”. Dende entón non deixou de compoñer e, sempre que podía, cantaba.
Acadou o premio especial da prensa máis o Primeiro Premio Centolo de Ouro no Festival do Grove do ano 1975.