Bieito Lobeira Domínguez


Categoría: Político
Data de Nacemento: 22 de outubro de 1968
Lugar de Nacemento: Seixo, Marín (Pontevedra)
 Currículum

Comezou a súa actividade política aos 16 anos en ERGA. En 1988 desenvolve unha grande actividade sindical no Sindicato Galego de Traballadores do Mar (INTG).

En 1992 foi elixido secretario xeral de Galiza Nova, formando parte desta organización desde a súa fundación ata 1998.

Deputado do BNG no Parlamento Galego desde 1995, foi responsable de Pesca e Marisqueo no grupo parlamentario.

Membro do Consello de Contas de Galicia e da Comisión Lexislativa do "Prestige".

Portavoz da Plataforma NUNCA MÁIS.

Membro do Consello Nacional e da Executiva do BNG, organismo no que é responsable de Acción Social.

Na VII lexislatura foi viceportavoz e coordinador do grupo parlamentario, ademais de presidente da Comisión de Educación e Cultura.