Xesús Miguel de Toro Santos


Pseudónimo:Suso de Toro
Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 10 de xaneiro de 1956
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Licenciado en Arte Moderna e Contemporánea, de 1976 a 1978.

 Obras realizadas

Escribe textos para o grupo de teatro na rúa "Pepa Loba".
En 1983 obtén o premio "Galicia" de Literatura da Universidade de Santiago co libro de relatos "Caixón desastre" (Edit. Universidade de Santiago, reeditado en "Edicións Xerais", Vigo. 2ª edición).
En 1986 publica o libro de relatos "Polaroid", que recibe o Premio da Crítica de Galiza ("Edicións Xerais". 7ª edición).
En 1988 publica o romance "Land Rover" (Edic. Xerais. 7ª edición), editada en castelán e francés ("Edicións Xerais" 7ª edición / "Ediciones B", Barcelona / "Rivages", París).
En 1990 publica "Ambulancia", romance policial ("Edic. Xerais", 8ª edición) en castelán, "Ediciones B", Barcelona. En Grecia (2003).
Ademais publica "F.M.", selección de textos xornalísticos sobre arte, política e cultura (Edicións Positivas", Santiago de Compostela) e "(Unha memoria da esquerda nacionalista) Camilo Nogueira e outras voces", estudo sobre a evolución da esquerda galeguista (Edic. Xerais) en 1991 e "Unha pouca cinza", textos sobre Santiago de Compostela. Edit. Compostela, en 1992.
En 1993 publica "Tic - Tac", romance que obtén o Premio da Crítica Española e o premio "Arzobispo San Clemente". Premio dos Libreiros da Coruña. En galego e castelán ("Ediciones B") e en Holanda (Edit. "Balance").
Deu lugar a unha montaxe teatral de Etelvino Vázquez, dirixindo a compañía "Teatro de ningures", outra montaxe de Teatro de Adro e a outra de "La República" (Canarias).
"A sombra cazadora", romance (Edicións Xerais, decembro de 1994). 12ª edición. (En castelán en "Ediciones B"; en portugués "Don Quixote"; en catalán "Columna"). En "Alfaguara xuvenil", 2003.
Dereitos para cine cedidos a "Continental Producciones".
"Unha rosa é unha rosa (unha comedia de medo)" 1996, 5ª edición en Edic. Xerais. (Escrita para a compañía "Teatro do Noroeste", representada a temporada 95-96).
"Conta saldada". Romance, 1996 (5ª edición, "Alfaguara / Obradoiro" en galego / 8ª edición en Alfaguara juvenil en castelán / Alfaguara en catalán). (Cedidos os dereitos para cine a "Continental Producciones").
"Parado na tormenta", ensaios literarios. 1996. Ed. Galaxia.
"Calzados Lola", romance. 1997. (4ª edición en Ed. Xerais en galego; "Ediciones B" e "Círculo de Lectores" en castelán).
"La flecha amarilla", libro de viaxes (con fotos de Xurxo Lobato). 1998 (Ed. El País / Aguilar).
"Círculo", libro de relatos (2ª edición en Ed. Xerais) (Adaptada a teatro no ano 2000 por Teatro do Adro).
"Non volvas", romance. Abril do ano 2000. Premio da Critica Espanhola. (4ª edición en Ed. Xerais / en Ediciones B e en "Círculo de Lectores" en castelán no ano 2001).
"El pueblo de la niebla / O País da brétema (Unha viaxe no tempo pola cultura celta)", introdución á cultura e literatura celta, ensaios literarios. Maio 2000. (Ed. El País / Aguilar, en galego e castelán).
"A carreira do salmón". Antoloxía de escritos en prensa, conferencias e inéditos. (Decembro de 2001. Edicións Xerais).
"13 Badaladas", romance. En abril de 2002 en Edicións Xerais (4ª edición). "Trece Campanadas", en Seix Barral, e setembro do mesmo ano (4ª edición). En "Círculo de lectores" (2002). Próxima edición en Francia e en catalán. Adaptada a cine por "Continental", dirixida por Xavier Villaverde. Estreada en novembro de 2002.
"Servicio de Urxencias", libro cos guións dunha serie televisiva. Edic. Xerais, Junho-2002 ( 2ª edición).
"Nunca máis" Ed. Xerais, 2003 (5ª ed.). Edit. Península (5ª edición). Edit. Ara Llibres (2ª ed.).
"Morgún (Lobo Máxico)". Ed. Xerais, 2003 (2ª ed.). Ediciones S.M. (2004).
“Ten que doer: Literatura e identidade”, ensaios sobre arte e literatura. Edic. Xerais. 2004.
"Españois todos", Ed. Xerais (2004), Ed. Península (2004) e Edit. Bromera (2005).
"Outra idea de España", Xerais, Ed. Península e Edit. Bromera (2005).
"Home sen nome", Xerais, Lumen e Bromera (2006).
"Madera de Zapatero" , Ed. RBA / “Madeira de Zapateiro”, Xerais (2007).
"Outra Galiza", Ed. Xerais (2008). Premio "Max", mellor letra de canción en galego e dous Premios "Max" por textos teatrais adaptados.
Entre abril do ano 2000 e marzo de 2003 mantivo un blog, "Botelha ao mar".