Militou desde a clandestinidade no Partido Socialista de Galicia ata que no ano 1998 pediu a baixa no mesmo para fundar, xunto con outros ex-militantes do Partido Socialista e xentes independentes, o partido progresista e galeguista: Progresistas Galegos. Alcalde de Vigo, do 1979 ó 1991 que foi o período de maior número de obras en toda a historia da cidade. Pertenceu á Comisión Xestora e á Dirección da Federación Española de Municipios e Provincias. Foi durante dez anos vicepresidente dunha das Comisións do Consello de Europa, representando ós Concellos españois. Posúe a Gran Cruz do Mérito Naval con Distintivo Branco. É Presidente de Honor do Real Club Celta e Insignia de Ouro e de Brillantes do Club. É consultor de empresas e Especialista en Marketing e Dirección Comercial. Actualmente é Concelleiro-Portavoz de Progresistas Galegos no Concellos de Vigo.
Entre unha chea de realizacións poderíamos destacar: Conseguiu que se fixera a autovía Madrid-Vigo; Conseguiu a Universidade para Vigo; Puxo en execución o Plan de Saneamento Integral de Vigo; Vigo na súa época foi galardoada coa "Escoba de Prata", como a cidade máis limpa de España; Asfaltou a case totalidade de rúas e tódolos camiños da cidade; Fixo plantar máis árbores ca en toda a historia da cidade; Erguéronse os monumentos escultóricos que son hoxe referencias señeiras de Vigo; Fixo construír miles de vivendas sociais; Samil pasou a se-la praia con maiores servicios públicos do mundo; Creou o primeiro centro municipal de España para atención a drogodependentes e alcohólicos; Creou a primeira Casa Municipal de España de Acollida de mulleres maltratadas; Montou a maior infraestructura de Centros veciñais de España; Conseguiu e puxo a funcionar o edificio Miguel Servet, para formación permanente dos mestres vigueses; Algúns feitos culturais: Puxo en marcha a Casa da Cultura. Mercou e puxo en servicio a Biblioteca Central. Deulle albergue e axudou á proxección da Biblioteca Penzol. Mercou e reconstruíu a Casa de Arines para convertela no Instituto Camoens de estudios portugueses. Montou o Museo Laxeiro; Construíu o Hospital Meixoeiro; Edificou a Residencia Asistida para a Terceira idade no Meixoeiro; Reedificou ou reconstruíu tódolos colexios públicos de Vigo; Edificáronse varios Institutos; Propiciou o irmandamento coa cidade de Porto para axudar a desenvolver as relacións entre Vigo e Galicia co Norte de Portugal; En Transportes conseguiu que a Vigo chegaran avións reactores, a Construcción da Nova Estación de Renfe, a Nova Estación de Autobuses, etc...