Antonio Carro Martínez


Categoría: Profesor de Dereito Político
Data de Nacemento: en 1923
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Na súa cidade natal pasa a súa nenez e xuventude e realiza os seus estudios primarios de bacharelato e Maxisterio. Obtén o grao de Licenciado na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela e máis tarde obtén o doutoramento na Universidade Complutense, onde ó propio tempo consegue a licenciatura en Ciencias Políticas e Económicas. Ingresa por oposición nos seguintes corpos da función pública: Técnico da Administración Civil (Xefe de Administración de 3º no Ministerio de Xustiza), Secretarios da Administración Local de primeira categoría, profesor de Dereito Político nas Facultades de Dereito e Ciencias Políticas da Universidade de Madrid (Complutense) e Letrado do Consello de Estado. En 1955 casa con Lucía Marina de Orta e ten cinco fillos: Lucía, Antonio, Marta, Delia e Ignacio. Pertenceu ó Instituto de Estudios Políticos, ó Instituto Internacional de Ciencias Administrativas, á Asociación Española de Ciencia Política e a de Ciencias Administrativas. Foi fundador-director da Revista de "Documentación Administrativa" e pertenceu ó Consello de Redacción das Revistas de "Administración Pública" e de "Dereito Urbanístico". Participou en diversas Comisións Interministeriais, Congresos Internacionais e presidiu a Comisión de Sanidade e Asistencia Social do Primeiro Plan de Desenvolvemento Económico e Social. Formou parte do primeiro equipo que abordou a Reforma Administrativa en España e foi Xefe do Gabinete de Estudios da Secretaría Xeral Técnica da Presidencia do Goberno. Foi durante nove anos Secretario Xeral Técnico do Ministerio da Gobernación. Tamén foi Director do Instituto de Estudios de Administración Local. No ano 1974 é nomeado Director Xeral de Administración Local e seis meses máis tarde é designado Ministro da Presidencia, formando parte dos últimos tres gobernos de Carlos Arias. Como parlamentario foi procurador nas Cortes Españolas en dúas lexislaturas en representación do Instituto de Estudios Políticos e noutras dúas como representante familiar electo pola provincia de Lugo. Tamén foi deputado nas Cortes Constituíntes e en catro lexislaturas máis polo partido popular electo na provincia de Lugo.

 Obras realizadas

Publicou un libro de Dereito Político (3 edicións) que foi texto de estudio en varias Universidades e ten outros libros, folletos e artigos en diversas revistas nacionais e estranxeiras sobre materias relacionadas co Dereito Público.

 Outros datos de interese

-É fillo predilecto da provincia de Lugo e fillo adoptivo de Santiago de Compostela e comendador con medalla de honor. -Posúe as Grandes Cruces de Carlos III, de Cisneros, do Yugo y las Flechas e de Sanidade.