Compositor e Periodista, desde 1991 Xefe do Departamento Didáctico de Canto do Conservatorio Estatal Superior de Música da Coruña. Fixo estudios de Música e Teatro no Conservatorio Profesional da Coruña. Estudiou canto con María Luisa Nache e debutou en abril de 1974 cun monográfico de música galega cualificado polo crítico de "La Voz de Galicia" como de "triunfo clamoroso" e participou nas tempadas de Ópera da Coruña. Seguidamente marchou a Madrid, onde perfeccionou a Técnica con Marimí del Pozo e Ana Marçia Olaria e interpretación con Félix Lavilla e Miguel Zanetti, como tamén escena con José Luis Alonso. Foi becado durante dous anos pola Fundación "Barrié de la Maza". E tamén como bolseiro acudiu a importantes cursos de perfeccionamento en España e no estranxeiro. En 1984 acadou Primeiro Premio no Concurso Internacional de Canto de Logroño. Cantou en Galicia, o resto de España, boa parte de Europa e Hispanoamérica, onde actuou en directo e gravou para Radios e Televisións.
Ten Editado o CD "No bico un cantar", escolma de "Cantigas Líricas Galegas", xénero do que está considerado o mellor intérprete; tamén "Irmán Daniel", en homenaxe a Castelao, con composicións propias. Foi creador e xefe da Área de Cultura da "Radio Autonómica Galega e colabora en prensa e Radio".
LIBROS: Voz e Canto, sobre técnica e Ofelia Nieto, una gallega en el olimpo del bel canto, biografía da insigne cantante galega.
MÚSICA: 15 cancións sobre textos de poetas galegos históricos e contemporáneos. Fundador e director dos grupos "Magnificat de Música Relixiosa" e "Agrupación Lírica Ofelia Nieto", coa que ten acadado grandes éxitos coas montaxes "El Barberillo de Lavapiés", de Barbieri, e "Dido e Eneas", de H. Purcell.
TEATRO: Autor e director de 14 obras do xénero A propósito estreadas, desde 1983, nos coruñeses Teatro Colón e Teatro Rosalía Castro.
PERIODISMO: Musical en Prensa e Radio. Colaborador do "The New Grove Dictionary of Opera".