Antón Cando


Data de Nacemento: 20 de xaneiro de 1969
Lugar de Nacemento: Candín, Baleira (Cádavo)
 Currículum

Naceu no seo dunha humilde familia de labregos; empapándose deste xeito, do modus vivendi do campo, que tan ben reflectido se ve en toda a súa obra.
Comeza a interesarse pola literatura e a escribir algo ós 10 anos, namentres cursa a súa primeira formación; máis tarde trasládase a Madrid, onde inicia estudos de informática. Logo regresa a Lugo, e crea ós 21 anos a empresa IMER, dedicada ó ensino en xeral, con especialización na ensinanza da informática, mecanografía e venda de ordenadores. Deseguido comeza estudos na Escola de Artes Aplicadas, compaxinándoos coa actividade empresarial.
En 1999 funda e edita o xornal-mensuario “A Muralla”, con distribución na mariña luguesa e no ano 2003 o seu homónimo “Don Anuncio”, con distribución na provincia de Lugo e nas capitais de Santiago de Compostela, Ourense e Vigo.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:
“Sombras amargas e ondas de luz e ouro” (Poesía romántica), “MS-DOS e Windows 95 en galego” (manuais de informática), “Ó son da terra” (poesía bucólica e costumista), “O Riterrite” (poesía humorística), “Un emigrante hecho a sí mismo” (emigración europea biográfica) e “Nosotros vivimos con el cáncer” (narración psico-oncolóxica).

OBRA INÉDITA:
As súas obras inéditas son: “Las Bragas de Yulí” (novela da violencia de xénero), “Receitas Labregas” (cociña enxebre e datos etnográficos do proceso culinario rural), “A guía das fontes de Cospeito” (localización, usos, tradicións; cantares e dicires dos mananciais), “A vida do home dos anuncios” (biografía popular), “Os doentes” (teatro xocoso), “Manoliño Cuadrado de Camporredondo”, (conto infantil), “O abecedario no esceario” (teatro infantil), “Esqueletes mouros” (contos ecolóxicos), “Mi anorexia” (tratado empírico sobor da anorexia), “Modernas adiviñas” (adiviñas de nova creación) e “Me cago en Dios” (recompilación de xuramentos e blasfemas).