José García Costas


Categoría: Presidente da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo
Data de Nacemento: 4 de xuño de 1944
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

É presidente das sociedades ELECTROMECÁNICA NAVAL E INDUSTRIAL, S.A. (EMENASA), MECÁNICA NAVAL-MECANASA, S.A. e BALIÑO, S.A., (empresas auxiliares do sector da construción naval), administrador único de ASGALO, S.A (estaleiro), PROYECTOS DE INGENIERÍA BEIRAMAR, S.A. (enxeñería), STANFOR NORTE, S.A. (máquinas eléctricas para o sector naval) e RICARDO TERRÉ, S.L. (instrumentos musicais e equipamento de son) e conselleiro de H. J. BARRERAS, S.A. e FRANCISCO CARDAMA, S.A.(estaleiros), CLUB FINANCIEIRO DE VIGO, S.A. e R. C. CELTA DE VIGO, S.A.D. Tamén é membro do Consello Social da Universidade de Vigo e da súa Comisión Económica como representante da Xunta de Galicia.

 Obras realizadas

Voceiro do Pleno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo desde o 10 de xuño de 1998 e do Comité Executivo elixido por este órgano de goberno foi elixido presidente o 27 de marzo de 2001, tras renunciar ó seu posto o anterior por motivos de saúde e reelixido como tal o 5 de xuño de 2002, trala renovación do Pleno.
Como representante da Corporación, é vicepresidente do Padroado da Fundación Provigo e a súa área, membro do Padroado e do Comité Executivo do Instituto Feiral de Vigo (IFEVI), do Pleno e Comité Executivo do Consorcio da Zona Franca de Vigo, do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vigo, da Asemblea Xeral e do Consello de Administración de Caixanova, do Padroado da Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (INCYDE), do Consello de Administración de Camerpyme, S.A. e do pleno do Consello Superior de Cámaras. É tamén o representante do Consorcio da Zona Franca de Vigo na Xunta Universal de Accionistas e no Consello de Administración da sociedade de capital risco Unirisco Galicia S C R, S.A.