Xosé González Martínez


Categoría: Funcionario
Data de Nacemento: 13 de xuño de 1950
Lugar de Nacemento: Teis, Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

É funcionario da administración local desde 1979. Primeiro en Redondela, onde estivo 20 anos e agora, na mancomunidade da Área intermunicipal de Vigo, que aglutina a trece concellos. A súa función aquí é a de se-lo Director do Servicio de Normalización Lingüística, función que desempeñou durante o tempo que permaneceu en Redondela. Foi director da Revista de Administración Galega (saíron unicamente dous números). Subdirector, da revista 'Lingua e Dereito', que edita a Universidade de Vigo. Presidente da Fundación dos Premios da Crítica Galicia.

 Obras realizadas

Colaborador en prensa (Faro de Vigo) e Radio (Radio Galega). Desde a súa creación é colaborador da revista que edita (semestral) a Escola d'Administració Pública de Catalunya, dependente da Generalitat, "Llengua i Dret", dedicada a temas de política lingüística (vén de saí-lo número 33). É, así mesmo, secretario da Asociación de Amigos de Couto Mixto. Colaborador da Enciclopedia Galega Universal, da Editorial Ir Indo. Asesor literario da editorial Ir Indo. Traductor ó galego dos Códigos Penal e Civil e doutra literatura xurídica editada por varias entidades e institucións. É fundador da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística. Fundador da Asociación de Xuristas en Galego. Dirixe cursos de verán da Universidade de Vigo. Fundador da Fundación Galicia Empresa, entidade que persegue a normalización da lingua galega no ámbito socioeconómico. Fundador da Fundación Lois Peña Novo, que entrega anualmente os premios con este mesmo nome a entidades xurídicas e persoas que se distinguen polo uso da lingua galega en tódolos ámbitos da vida administrativa e xurídica.

 Outros datos de interese

En 1987 O Correo Galego declarouno Galego do Mes polo seu labor a prol da normalización lingüística.

Casado e pai dunha filla chamada Antía González Álvarez.