Ángel Martínez Puente


Data de Nacemento: 14 de maio de 1956
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É o director da asociación “Arela” Iniciativas de Apoio á Infancia e á Mocidade e presidente do Colectivo Galego do Menor.

Formación
Homologación do título de Educador Social polo Colexio de Educadores Sociais de Cataluña (1998).
1994. “X Encontro de Educadores Necesidades Afectivas na Infancia” organizado polo Colectivo Galego do Menor.
1995. “II Congreso de movementos sociais alternativos” e “VIII Xornadas de educación para a paz Novos dereitos: Igualdade, diversidade e disidencia”.
1995. “XI Encontro de educadores: Educación sexual e afectiva”, organizado polo Colectivo Galego do Menor.
2002. Curso de “Principios básicos na protección á infancia e á adolescencia” organizado polo Colectivo Galego do Menor.
2004. Curso “O abuso sexual a menores: detección, tratamento e elaboración de informes” organizado polo Colectivo Galego do Menor.
Curso “Psicoloxía e pedagoxía para nenos e mozos en situación de risco” organizado polo Colectivo Galego do Menor.
2006. Curso “I Programa de introdución á xestión de calidade en ONL de Galicia” organizado pola Obra Social de Caixa Galicia.
2007. Curso “Certificación ISO 9001 en ONL de Galicia” organizado pola Obra Social de Caixa Galicia.

 Obras realizadas

Experiencia laboral:
Director de Mensaxeiros da Paz en Galicia e director dunha casa de familia da mesma asociación en Ourense (1976-1980).
Director da asociación “Hogares y apoyo al menor LAR” (1980-1998).
Director dunha casa de familia da asociación “Hogares y apoyo al menor LAR” (1980-1992).
Presidente de “Meniños. Fundación para a infancia” (1999-2001).
Director de relacións externas en “Meniños. Fundación para a Infancia” (1999-2001).
Director de “Iniciativas de Apoio á Infancia ARELA” (1999-2007).