Anisia Miranda Fernández


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 30 de decembro de 1932 (†22 de outubro de 2009)
Lugar de Nacemento: Habana (Cuba)
 Currículum

Estudiou Maxisterio e Xornalismo. Con 20 anos foise con seus pais a Bos Aires (Arxentina). Vencellouse ó mundo cultural galego. Casou en 1957 co escritor Xosé Neira Vilas. Fundaron xuntos ese mesmo ano a editorial galega "Follas Novas". En 1961 radicáronse en Cuba. Dedicouse ó xornalismo e foi coordinadora de edicións de libros para nenos. Foi xefa de redacción do semanario "Pioneiro". Cofundou e foi xefa de redacción das revistas infantís "Zunzún" e "Birijita". En 1992 radicouse en Galicia co seu marido. É vicepresidente da fundación "Xosé Neira Vilas". Fala e escribe indistintamente en castelán e en galego.

 Obras realizadas

Ten publicados os seguintes libros en castelán: Esta es Cuba, hermano, Becados, La primera aventura, Los cuentos del Compay Grillo, Vietnam y tú, Mitos y leyendas de la antigua Grecia, Cuando Che era Ernestito, La casa de los títeres, Las vacaciones de Lidia, La casa nueva de mis abuelos, Treinta días en Vietnam e outros. En Galego publicou: Pardela amiga, Cantarolas, Os contos do Compay Grilo, A primeira aventura, A casa dos títeres, A volta do Compay Grilo e Mitos e lendas da vella Grecia. Parte da súa obra foi traducida ó galego e ó eslovaco.

 Outros datos de interese

Literariamente non utiliza o seu segundo apelido, firma os seus libros simplemente como Anisia Miranda. Gañou diversos premios por obras de teatro e narrativa para nenos e xoves. Viaxou a Vietnam en 1975 onde lle foi conferida a Orde da Amizade.