Ángel Romero Lojo


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1905 (†En 1967)
Lugar de Nacemento: Rianxo (A Coruña)
 Currículum

Ángel Romero dirixiu varias bandas e coros. Tras exiliarse en Bos Aires estivo vinculado a corais da comunidade galega e compuxo algunhas pezas que tiveron gran éxito.

 Obras realizadas

A súa peza máis importante foi “A Rianxeira”, que dedicou á súa vila natal. A peza estreouse na Coral do Centro Galego de Bos Aires e foi gravada en 1950 nun disco da compañía RCA-Víctor. Ángel Romero compuxo outras obras, entre as que destacan “Bicos do Mar”, “Pola Punta da Fincheira”, “Gaivotiña Voadora” e “Da Lusada”.

 Outros datos de interese

Foi nomeado “fillo predilecto” de Rianxo a título póstumo.