Manuel Luis Casalderrey García


Categoría: Químico
Data de Nacemento: 12 de marzo de 1941
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras pasar a súa infancia en Maside (Ourense), estudiou bacharelato no Instituto de Ensinanza Media de Ourense (hoxe Instituto "Otero Pedraio". Estudiou Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1966 e doutorándose na mesma universidade en 1986. Polo que respecta ó seu labor docente, foi profesor interino no Instituto "Ibáñez Martín" de Teruel (1966-67 e 1967-68), profesor agregado de Física e Química no Instituto "Agra del Orzán" da Coruña (1968-69 e 1970-71), catedrático de Física e Química no Instituto "Virgen de la Luz" de Avilés (Asturias) no curso 1971-72, no Instituto Mixto de Carballo (1972-73 e 1974-75), no Instituto "Sánchez Cantón" de Pontevedra desde 1975 ata o momento. Durante cinco cursos foi director adxunto do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Impartiu máis dun cento e medio de cursos, dirixidos á formación e perfeccionamento de profesores e realizou investigacións no campo da didáctica de Física e Química e da educación do consumidor. Entre os numerosos artigos, libros e folletos publicados, destacan fundamentalmente Física Básica, Proyecto PEAC de Ciencia Integrada, Aproximación a la integración Ciencia-Tecnología, Los aditivos, Curso Básico de Física y Química en la Enseñanza Secundaria, Influencia de la ubicación de centros universitarios en la elección de estudios, Actividades con etiquetas alimentarias, Láseres, emisores de luz especial, etc. Desde 1989, escribe habitualmente no diario La Voz de Galicia artigos relacionados con divulgación científica, alimentación e consumo, educación, etc.

 Outros datos de interese

Foi Premio Nacional á Investigación e Innovación Educativa do MEC (1984), Premio de defensa do consumidor (1991), Premio "Francisco Giner de los Ríos" (1992), premio de Investigación Xunta de Galicia (1992), premio "Casa de las Ciencias" de Divulgación Científica (1993) pola súa obra Láseres, emisores de luz especial, Premio Innovación Educativa 1997 e accésit ó Premio Alimentos de España 2001.