José Manuel de Bernardo Ares


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 11 de decembro de 1945
Lugar de Nacemento: Pontedeume (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Logo de cursar estudios en Santiago de Compostela, Salamanca e París, obtén os títulos de licenciado e doutor en Historia pola Universidade de Valencia. É profesor da Universidade de Córdoba desde 1975, conseguindo a cátedra de Historia Moderna en 1991. Na actualidade é director do Departamento de Historia Moderna, Contemporánea e de América, director do Grupo de Investigación Hisalem ("Historia Social de la Administración Local en la Época Moderna"), director da colección de "Estudios de Historia Moderna" e "Honorary Research Fellow" do University College da Universidade de Londres. Foi profesor visitante nas Universidades de Berkeley en California (EE UU) e de East Anglia en Norwich (Inglaterra). Obtivo unha bolsa do Ministerio de Asuntos Exteriores de Canadá e estivo investigando nas Universidades de Québec, Trois-Rivières, Montreal e Ottawa.

 Obras realizadas

Entre os libros que escribiu destacan: Corrupción política y centralización administrativa. La hacienda de propios en la Córdoba de Carlos II (Publicacións ICO, Córdoba, 1993); Historiología, investigación y didáctica. Elaboración y transmisión de los saberes históricos (San Francisco-London-Bethesda, 1996); Poder municipal y organización política de la sociedad. Algunas lecciones del pasado (Publicacións UCO, Córdoba, 1997), e A Historia de Galicia vista por Alfredo Brañas (Fundación Alfredo Brañas, Santiago de Compostela, 2000).

 Outros datos de interese

O Rei Xoán Carlos I outorgoulle o 24 de xuño de 1998 a "Encomenda da Orde do Mérito Civil" referendada polo Ministerio de Asuntos Exteriores, como recoñecemento ós servicios prestados á Comunidade Científica con motivo da celebración da Conferencia Internacional "Hacia un Nuevo Humanismo".