Xusto Beramendi González


Pseudónimo:Justo Beramendi
Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 16 de xullo de 1941 (†3 de xullo de 2024)
Lugar de Nacemento: Madrid
 Currículum

Realizou estudios de Enxeñería Industrial en Madrid (1959-1967), de traducción en Barcelona (1969-1974) e de doutoramento en Historia en Santiago (1987). Foi xerente da Comisión de Cultura e secretario técnico do Colexio de Arquitectos de Galicia (1974-84). Foi cofundador do Museo do Pobo Galego (1976) e presidente da súa Xunta Rectora, vicerrector da USC (1990-94), cofundador das revistas "Negaciones" (Madrid, 1976-78), "A Trabe de Ouro" (1990- ) e "Tempos Novos" (1997), membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco. É catedrático de Historia Contemporánea da USC.

 Obras realizadas

Entre as súas obras máis importantes destacan: Miseria de la Economía (Barcelona, 1974); Vicente Risco no nacionalismo galego (Santiago, 1981); Antonio Losada. Obra Completa (Vigo, 1985); Actas do Congreso Castelao (Santiago, 1989); Los nacionalismos en la España de la II República (Madrid, 1991); Obra política de Ramón Vilar Ponte (Sada, 1991); Luis Peña Novo. Obras Completas (Santiago, 1994); Nationalism in Europe. Past and present (Santiago, 1994); O nacionalismo galego (Vigo, 1995, 1996) e La historia política. Algunos conceptos básicos (Santiago, 1999). La España de los nacionalismos y las autonomías, con J.L. de la Granja e P. Anguera (Madrid, 2001).