Angel Arnáiz González


Categoría: Xornalista
Lugar de Nacemento: Monforte de Lemos (Lugo)
Teléfono: 982402576
Fax: 982410961
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Xeografía e Historia, especialidade de Arte Moderno e Contemporáneo, pola Universidade de Santiago de Compostela. Desenvolve a súa actividade profesional en El Progreso, Faro de Ourense e El Correo Gallego, xornal do que é delegado en Monforte-Lugo. Tamén traballou en "Radio Nacional de España" en Monforte, "Radio Principal" e "TV Terra de Lemos", onde dirixiu diferentes programas de actualidade e informativos. Pertence ó Colexio de Xornalistas de Galicia.

 Obras realizadas

Publicou diferentes folletos turísticos sobre Monforte e a comarca de Lemos e artigos en obras conxuntas, como Pantón (Editorial Everest); Sober, (Deputación de Lugo); Circulando polo Saviñao, (Círculo Cultural Saviñao); Homenaxe a Filomena Arias Armesto-Torbeo-Ribas de Sil-Lugo, (Librodouro); Albeites, compoñedoras e menciñeiros, (Librodouro) e artigos en diferentes revistas de carácter cultural.