Fernando Alonso Rodríguez


Categoría: Músico, compositor e profesor
Data de Nacemento: 1961
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Con nove anos comeza a estudiar piano no conservatorio da Coruña, finalizando o nivel profesional no curso 1982-83. No Real Conservatorio Superior de Música de Madrid amplía a súa formación teórica con Ángel Botia (Formas musicais), Francisco Calés (Contrapunto e Fuga), Luís de Pablo (Técnicas Contemporáneas) e Antón García Abril (Composición), obtendo en 1987 o título de profesor superior de Solfexo e Teoría da Música. Foi profesor de Historia da Música, Historia da Arte, Estética Musical e Acústica no Conservatorio Profesional de Música de Madrid durante o curso 1987-88. Actualmente é profesor numerario de Ensinanza Secundaria da materia de Música.

 Obras realizadas

Entre as súas creacións musicais destacan: La leyenda de Azalequia y Nirostán (1981), Suite para piano (1986), Danza báquica y sentimental (1991), Tres canciones sobre poemas de Federico García Lorca y una canción popular (1986), El cuerpo y el alma (1993), Monodías mélicas (1992), Nocturno para once instrumentos (1987), El sueño de una noche de verano (1996), Sinfonietta en fa (1982),...

 Outros datos de interese

Pertence á Asociación Galega de Compositores desde 1992.