Andrés Barbé Riesco


Data de Nacemento: En 1955
Lugar de Nacemento: León
 Currículum

Licenciado en Medicina e Cirurxía, despois de varios anos de exercicio profesional, fundou a produtora Formato en 1989, da que é accionista e director desde o comezo.

 Obras realizadas

Foi membro da xunta directiva de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) durante oito anos: dous de vogal, cinco de vicepresidente e un de presidente.
Foi Vogal de FAPAE (Federación Española de Produtoras Audiovisuais), membro da Comisión Executiva da Confederación de Empresarios de Galicia e membro do Consello Asesor das Telecomunicacións da Xunta de Galicia.
É socio fundador da Academia Galega do Audiovisual, socio de EGEDA (Entidade de Xestión de Dereitos do Audiovisual) e socio fundador de Audiovisual SGR. Tamén foi vicepresidente e vogal no Clúster Audiovisual Galego, do que actualmente é presidente.

 Outros datos de interese

Colabora na Fundación Averhó para a formación en tecnoloxías dixitais de discapacitados, co Master de Produción Audiovisual da Voz de Galicia-Universidade da Coruña e coa Facultade de Comunicación da Universidade de Navarra.
Ademais de moitos traballos publicitarios, documentais e programas para TV, produciu seis curtametraxes, dúas medio-metraxes, tres longametraxes e  cinco TV-movies.