É Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela (2013). Realiza o seu Máster in Movement Studies na prestixiosa Central School of Speech and Drama, Londres, UK (2006- 2007). Licenciado en Interpretación pola Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid (1999-2003). Especialízase na pedagoxía de Jacques Lecoq no programa European Theatre Arts de Rose Bruford College, Londres, UK (2001-2002). Formase en distintas escolas de Italia como a Scuola Internazionale di Commedia dell´Arte di Venezia (2003) e La Scuola del Actore Cómico de Antonio Fava (2009). Becado polo Ministerio de Cultura completa os seus estudios de mimo corporal cos últimos asistentes de Etienne Decroux na Ecole de Mime Corporel Dramatique de L´Ange Fou, Londres UK (2004-2005).
Traballa como actor en numerosas produccións amosando o seu traballo en países como España, Inglaterra, Francia, Italia, República Checa, Bélgica, Noruega, Polonia, Eslovaquia e Rumanía. Traballa profesionalmente en Londres con compañías internacionais como Zecora Ura (Hotel Medea, Don´t feed the Lions) e coa compañía Theatre du L´Ange Fou (The Grimm Files) dirixida polos últimos asistentes de Etienne Decroux. En Italia realiza varias producións de Commedia dell´arte baixo a dirección de Antonio Fava (Arleccino pulito per l´amore), Adriano Iurisevich (Arlecchino vuole uccidersi), Cristiano Roccamo (Guerra senza fine). En España hai máis de 12 montaxes con El Gato Negro coa que recibe o prestixioso Premio ós Novos Creadores Comunidade de Madrid (2003), así como mencións honoríficas no Istrapolitana Festival de Bratislava (Eslovaquia) e o Peer Gynt Award (Noruega). Recibe o 1º Premio Xuventude Crea 2014 en Artes Escénicas pola direción do espectáculo “Vincent”.
Alfonso impartiu cursos de Interpretación e Movemento en distintas universidades e escolas europeas como a Central School of Speech and Drama (Londres), The Academy of the Science of Acting and Directing (Londres), Rose Bruford College (Londres), Real Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (España), Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Facultade de Música de León (España), Babes-Bolyai University, Cluj-Napoca (Rumania) Janaceck Academy of Performing Arts Brno (República Checa), Anadolu University (Turquía), Exeter University (Reino Unido).
Actualmente traballa como profesor de Intepretación Xestual e Movemento na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia, mentres continúa a súa labor como actor e director de escena.