Vicente María Julián Vázquez Queipo de Llano


Categoría: Matemático
Data de Nacemento: 17 de febreiro de 1804 (†11 de marzo de 1893)
Lugar de Nacemento: San Cristobo do Real - Samos (Lugo)
 Currículum

Despois de estudiar no Colexio da Compañía de Monforte de Lemos, ingresou na Universidade de Valladolid en 1820, onde compaxinou os estudios de Xurisprudencia e Matemáticas. De 1826 a 1829 exerceu a docencia na devandita universidade. En 1829 disfrutou dunha bolsa de estudios do Goberno para amplia-los seus coñecementos de física e matemáticas na Escola Central de Artes e Manufacturas de París, onde desenvolveu importantes traballos de laboratorio e colaborou no gabinete de física. Despois da súa estancia en París, onde foi víctima dunha enfermidade que lle ocasionou problemas de vista e audición, deixou a cátedra na Universidade de Valladolid e desempeñou durante algún tempo a Secretaría no Ministerio da Gobernación. Tamén ocupou o cargo de Fiscal de Facenda en Cuba, onde permaneceu ata 1846.

 Obras realizadas

Estas son algunhas das súas obras máis importantes, froito das súas investigacións e amplos coñecementos de Matemáticas, Física, Xeoloxía e Numismática: Memoria sobre la reforma del sistema monetario de la isla de Cuba (1839), Informe fiscal sobre el fomento de la población blanca de la isla de Cuba y abolición gradual de la esclavitud; obstáculos que a ella se oponen y reformas que deben hacerse en todos los ramos de su legislación y administración (1844), Proyecto de ley sobre la uniformidad y reforma del sistema métrico y monetario de España (1847), Esai sur les systèmes métriques et monétaires de anciens peuples, despuis les premiers temps historiques jusqu'á la fin du kalifat d'Orient (1859), La cuestión de Oro reducida a sus justos límites y medios de sentar el sistema monetario sobre una sólida e inalterable base (1861), La crisis monetaria española considerada en sus causas, sus efectos y su remedio (1866), La cuádruple alianza monetaria, considerada en su origen, objeto, ventajas e inconvenientes, e imposibilidad actual de su adopción en España (1867), Tabla de Logaritmos vulgares, etc.

 Outros datos de interese

En 1861 tomou posesión como membro da Real Academia Española da Historia. Ademais, foi membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e doutras academias estranxeiras e institutos científicos como o Instituto Imperial de Francia ou a Academia Francesa de Inscricións e Belas Artes. Posuíu a Gran Cruz de Isabel a Católica e Cabaleiro da Orde de Carlos III.