É licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (1976) e doutor en Xeografía pola mesma Universidade (1992).
Dende 1994 é profesor titular de Análise Xeográfica Rexional no Departamento de Xeografía da USC.
É autor dos libros Estructura y morfología agraria en la Terra Cha (Santiago, 1979) i Estructura agraria y economía rural en la Galicia interior: la Terra Cha y el centro de la meseta lucense (Santiago, 1992).
Colaborou en obras colectivas de xeografía de Galicia, como a Geografía de Galicia, dirixida por Mª P. de Torres Luna (3 vols., A Coruña, 1986) ou Galicia. Xeografía, dirixida por F. X. Río Barja (5 vols., A Coruña, 1996).
É autor de diversos artigos e comunicacións a congresos sobre temas da súa especialidade (xeografía agraria e rural de Galicia).