Alfredo Pardo Hermida


Categoría: Cineasta e especialista en banda deseñada
Data de Nacemento: 26 de xullo de 1972
Lugar de Nacemento: Chantada (Lugo)

Chantada Films
 Currículum

Formación:

'Dirección Cinematográfica' expedido pola Universidade Camilo José Cela.

'Community Management' expedido pola Fundación UNED.

Especialización en Xornalismo e Ciencias da Información pola Universidade Europea Miguel de Cervantes.

 Obras realizadas

Presidente de Chantada Films desempeñando labores de produtor e director de curtametraxes rural underground, onde as carátulas foron realizadas por debuxantes de cómics como Nazario, Pedro Vera, Xaquín Marín ou Joan Boix. Foi redactor no xornal Semanal Joven de Ourense, redactor-xefe de la revista Achantada, redactor de RTTL –Radio Televisión Terras de Lemos- e crítico de cómics en A Nosa Terra Diario Dixital. Actualmente colabora con artigos e reportaxes nos xornais La Voz de Galicia e El Progreso e forma parte do Consello Editorial do xornal dixital A Voz do Agro. Firma habitual nas páxinas de Cultura do xornal dixital Praza Pública e o seu Qadriños –bitácora dedicada aos cómics-. Sen deixar a un lado a pintura, realizou diversas portadas e debuxos interiores en libros, revistas e fanzines, ganando diversos premios de debuxo –Chantada Pinta (1º premio en 2007 e 2008), narración -1º premio relatos “A toda vela” do Concello de Cambre –A Coruña- e fotografía. Sendo vicepresidente da entidade social Círculo Recreativo Cultural de Chantada, coordina e escribe “El libro de oro del C.R.C.” e colabora no libro Crónicas Chantadinas firmando Apuntes para una historia de la cinematografía en Chantada. Comisario de dúas exposicións inéditas na provincia de Lugo: “Medio siglo de cómics” e “El mundo en imágenes” na Casa da Xuventude de Chantada e Ourense.

 

Filmografía:

Punto e final (1999)

O labirinto ario (2008)

Garabolis (2010)

Lola (2011)