Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Sevilla. Médico especialista en Cardioloxía, Electrorradioloxía e Pediatría. Recibiu unha bolsa da Universidade Autónoma de Madrid (Hospital La Paz) e no Hospital Guy's de Londres. Tamén obtivo unha bolsa de estudios na Universidade de Harvard (Boston - U.S.A.) e exerceu como profesor da Escola de Aparato Circulatorio da Universidade de Sevilla. Presidente da Sociedade Andaluza de Cardioloxía. Vicepresidente da Fundación Andaluza de Cardioloxía. Membro da xunta directiva da Sociedade Española de Cardioloxía. Presidente de honor da Sociedade Andaluza de Cardioloxía. Membro numerario da Sociedade Europea de Cardioloxía Pediátrica. Actualmente, é o xefe da unidade de Hemodinámica e Cardioloxía intervencionista do Hospital Infantil "Virgen del Rocío" de Sevilla.
Presentou máis de 200 comunicacións a congresos nacionais e estranxeiros e publicou máis de cincuenta traballos en revistas científicas nacionais e estranxeiras. Baixo a súa dirección realizáronse as seguintes liñas de investigación, que culminaron en teses de doutoramento: -Válvula plástica percutánea pulmonar. Seguimiento mediante ECO-Doppler. -Estudio angiográfico de la vascularización pulmonar en la Tetralogía de Fallot. -Valvuloplastia aórtica percutánea con catéter-balón. -Atrioseptostomía con balón bajo control ecocardiográfico. -Aplicación y ventajas de Ecocardiografía Transesofágica en niños.
Foi presidente do "Lar Galego" de Sevilla e actualmente é presidente de honor.