Alexandre Bóveda Iglesias


Categoría: Activista político
Data de Nacemento: 4 de xuño de 1903 (†17 de agosto de 1936)
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Deixa Ourense para opositar en Madrid a unha das prazas convocadas para xefes de Contabilidade da Facenda do Estado, obtendo o número un. Traballou como funcionario público na Delegación de Facenda de Pontevedra. En 1930 colaborou no Seminario de Estudios Galegos no proxecto de Estatuto de Galicia encargándose do aspecto económico. Foi elixido membro da Comisión Redactora do Estatuto. Foi elixido Secretario de Organización do Consello directivo do Partido Galeguista instruíndo a grupos ós que facía ver que para o galeguismo a póliza só era un medio de devolve-los dereitos á liberdade que tiña o pobo. Decretado o estado de guerra en 1934, Alexandre Bóveda sufriu desterro en Cádiz. A consecuencia dos sucesos de xullo de 1936, Alexandre estivo en prisión en diferentes lugares ata que foi condenado á pena de morte e executado.

 Obras realizadas

A actividade política de Alexandre Bóveda estivo dedicada sobre todo ós problemas de Galicia. Así, sendo aínda moi novo, publica no periódico La Zarpa o seu primeiro artigo sobre o ferrocarril Ourense-Zamora. Son varios os seus artigos periodísticos e conferencias sobre aspectos do Estatuto de Galicia.