María Canosa Blanco


Categoría: Escritora
Data de Nacemento: 20 de agosto de 1978
Lugar de Nacemento: Cee (A Coruña)
 Currículum

Estudou Enxeñería de Camiños, Canais e Portos, pero sempre estivo vinculada ás letras. Obtivo o Título de Especialización en Idioma Galego na Escola Oficial de Idiomas.

ACTIVIDADES LITERARIAS: 1993. Concesión dunha Bolsa de Creación Literaria da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) pola obra A pedra de seixo. 1993. Concesión dunha Bolsa de Creación Literaria da Consellería de Cultura (Xunta de Galicia) pola obra Unha físgoa de esperanza. 1995. Participación na mesa redonda “Os xoves escritores”. Concello de Narón. 1998. Charla-coloquio no C.P. Eugenio López, Cee. 1998. Conferencia sobre “Literatura Infantil”, Facultade de Ciencias da Educación da Coruña. 1998. Conferencia sobre “Literatura Feminina”, Facultade de Filoloxía. A Coruña. 1999. Encontros Fomento da Lectura no Instituto Agra de Raíces, Cee. 2000. Charla-coloquio no C.P. Sagrado Corazón de Ferrol. 2000. Charla-coloquio no C.E.I.P. San Crimenzo de O Pindo. 2002. Conferencia sobre “Literatura Feminina”, Facultade de Filoloxía. A Coruña. 2000-2001-2003-2004. Participante como relatora na “Campaña Fomento da Lectura” e “Os nosos escritores”. Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. 2004. Relatora nas IV Xornadas de Normalización Lingüística. 2006. Relatora no II Simposio Letras na Raia, da AELG. Dende xullo do 2006. Articulista semanal no diario “La Voz de Galicia”. Contertulia (semanalmente) na Radio Galega e Radio Voz.

 Obras realizadas

AUTORA DE:

1997. Bramido Maino (Edicións do Castro).

1997-2000. A pedra de seixo (Sotelo Blanco).

1999. Á espreita na penumbra (Sotelo Blanco).

2002. Leo era un león (Ir Indo).

2006. As tartarugas de verán (Biblos-Difusión).

2009. Faíscas (Editorial Galaxia).

2009. Entre papoulas (Everest).

2010. Matías, un pito de campionato (Galaxia).

2010. Do A ao Z con Neira Vilas (Everest).

2011. O papaventos de Laura (2011. Deputación de Ourense. Premio Pura e Dora Vázquez 2010.

2011. A tartaruga de Martiño (Everest).

2011. El Cascanueces (Editor: Pablo Zaera).

2011. O Crebanoces (Editor: Pablo Zaera.

2011. Ronca o mar (Edicións Fervenza. Premio Avelina Valladares de Poesía 2011).

 

COAUTORA DE:

1988. Revista Nenas. Festa da Palabra Silenciada.

1990-1992. Revista Xermolos.

1992. Contos dos nenos (ONCE).

1995. Dezaseis relatos (Concello de Pontedeume).

1997. O trasno rebuldeiro, Antoloxía de literatura infantil. Asociación Neria. Costa da Morte.

1997. Rumbo ás illas.

1997. Nós. Batallón Literario da Costa da Morte.

1999. Mini-relatos. Librería Cartabón.

2000. Narradoras. Edicións Xerais.

2000. Relatos de verán. Ir Indo.

2001. Achegamento ó Libro.

2005. Lecturas de aquí e acolá 3º. Obradoiro Santillana.

2005. Lecturas de aquí e acolá 4º. Obradoiro Santillana.

2006. San Xoán. Concello de Carballo.

 Outros datos de interese

GALARDÓNS LITERARIOS:

A.C. O FACHO, A Coruña: 1986: 2º premio contos infantís. 1987: 1º premio contos infantís. 1988: 1º premio contos infantís e 2º premio contos infantís. 1989: 1º premio contos infantís. 1990: 2º premio contos infantís. 1991: 2º premio contos infantís. 1992: 2º premio contos infantís. A.C. XERMOLOS, Certame Literario Terra Cha: 1989: 3º premio poesía. 1990: 1º premio narrativa. 1991: 1º premio narrativa e 3º premio poesía. 1992: 1º premio narrativa e Mención especial poesía. A.C. TERRA DE SENA, Certame Letras Galegas: 1990: 1º premio narrativa. 1991: 1º premio narrativa. 1992: 1º premio narrativa e 1º premio poesía. Certame Instituto Agra de Raíces: 1989: 1º premio narrativa. 1990: 1º premio poesía. 1991: 2º premio poesía. 1993: 2º premio narrativa e 2º premio narrativa. 1994: 2º premio narrativa, 3º premio narrativa e 3º premio poesía. 1995: accésit narrativa e 1º premio epistolar. RÚA NOVA, Narracións Xuvenís: 1993: mención especial. 1995: mención especial. OUTROS PREMIOS: 1995. Mención especial. Concurso de Contos Vila de Pontedeume. 1993. Mención especial poesía, Certame Francisco Fernández del Riego. 1992.1º premio (coautora dun traballo de investigación). Fomento da Lectura da Federación de Libreiros. 1992. Único premio narrativa no Achegamento ao Libro da Biblioteca Pública de Cee. 1992. 2º premio. No Concurso de contos en galego da ONCE. 1991. 1º premio narrativa e 1º premio poesía. Día das Letras Galegas. Concello de Corcubión. 1989. 1º premio narrativa na II Feira do Libro de Cee.