Fernando Jiménez Herrero


Pseudónimo:Mariñán
Categoría: Médico xeriatra
Data de Nacemento: 14 de xullo de 1924 (†29 de marzo de 2007)
Lugar de Nacemento: Noreña (Asturias)
 Currículum

Doutor en Medicina, especialista en Xeriatría. Profesor de Xeriatría nos cursos de doutoramento das Facultades de Medicina de Santiago de Compostela e Complutense de Madrid e dos másters universitarios de Barcelona e Salamanca actualmente. Foi profesor de Enfermería Xeriátrica na Escola Universitaria de Santiago e na do Hospital Juan Canalejo da Coruña. Académico numerario da Real Academia de Medicina de Galicia por Xeriatría 81973), é Secretario Perpetuo dela desde 1992. Xefe do Servicio de Xeriatría da Cruz Vermella da Coruña (1972-98). Presidente das Sociedades española e galega de Xeriatría e Xerontoloxía. Presidiu o I Congreso Iberoamericano de Xerontoloxía celebrado en Sao Paulo (Brasil) en 1986 e o II Congreso Europeo de Xerontoloxía realizado en Madrid en 1991. Director da 'Revista Española de Xeriatría' (1975-1998) é agora subdirector de 'Geriatrica', revista iberoamericana de Xeriatría.

 Obras realizadas

Publicou numerosos libros da súa especialidade como Iniciación a la Geriatría (1981), Gerontología 1992 (1993) e Salud Pública y envejecimiento (A Coruña, 1999). É autor de varios capítulos en diferentes libros de diversos autores e editores e dun cento de artigos da súa especialidade en revistas médicas españolas e estranxeiras. Habitualmente colabora con La Voz de Galicia desde hai trinta anos en temas sanitarios, sociais, humanísticos, de arte, etc. Filantrópicamente é médico xeriatra de Cáritas, da Residencia 'Padre Rubinos', Cruz Vermella, etc, sendo nomeado 'Médico Paulino do ano' en 1999. Conseguiu a medalla de prata da Cruz Vermella española.

 Outros datos de interese

Premio Nacional de Médicos Escritores de España en 1969, obtivo premios e mencións honoríficas polas súas publicacións. Académico correspondente da Academia de Belas Artes de Galicia, é membro de honor de varias sociedades de Xeriatría e Xerontoloxía de países iberoamericanos. Exerce actualmente en Psicoxeriatría.