Adolfo Domínguez Fernández


Categoría: Deseñador
Data de Nacemento: 14 de maio de 1950
Lugar de Nacemento: Pobra de Trives (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Adolfo Domínguez segue residindo en Ourense, lugar onde se atopan as oficinas centrais, o centro de deseño e a infraestructura productiva da empresa. Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Posteriormente trasládase a París, onde amplía a súa formación de Estética e Cinematografía, entrando en contacto co espírito de liberdade creativa e dinamismo político da Europa deses anos. Decide voltar e, xunto ó seu pai e irmán, crea unha empresa pioneira dentro do sector téxtil. O slogan "la arruga es bella" lanzou a empresa. Aperturas nos tres continentes máis representativos, o lanzamento de novas coleccións, a saída a Bolsa e as novas liñas axudaron a consolida-la súa empresa nas dúas últimas décadas.

 Obras realizadas

En 1993 publicou a súa primeira novela titulada Juan Griego e tres anos máis tarde, en 1996, produciu a película ?La Moños?.

 Outros datos de interese

Está casado con tres fillas e posúe o 30% da empresa Adolfo Domínguez S.A.