Amador López Valcárcel


Pseudónimo:Álvaro Madrazo Plecel
Categoría: Crego e xornalista
Data de Nacemento: 3 de xaneiro de 1927
Lugar de Nacemento: La Habana (Cuba)
 Currículum

En 1938 ingresou no Seminario Diocesano de Lugo, onde cursou os estudios de Humanidades e Filosofía ata xuño de 1946. Pensionado pola Diocese, en setembro de 1946 ingresou na Facultade de Teoloxía da Universidade Pontificia de Comillas (Santander), onde alcanzou o grao académico de licenciado. O 23 de xullo de 1950, o bispo de Lugo ordenouno presbítero na capela do palacio episcopal de Lugo, e en setembro de 1951 nomeouno oficial da Curia Diocesana de Goberno, pasando en xaneiro de 1952 ó cargo de vicechanceler e vicesecretario. O actual bispo, José Gómez González concedeulle unha praza de beneficiario na Catedral en febreiro de 1981 e promoveuno a secretario xeral do Bispado. En 1986 foi nomeado profesor de Metodoloxía Científica no Seminario e en 1991 Cóengo da catedral, na que, desde 1986, está a cargo do arquivo.

 Obras realizadas

É autor de multitude de artigos xornalísticos en El Progreso, Faro de Vigo e El Ideal Galego sobre o culto eucarístico na Catedral de Lugo, sobre San Froilán, o seu culto e asuntos concomitantes, sobre temas marianos e sobre outros temas variados. Algúns dos seus artigos foron recollidos no libro Historias Luguesas (Deputación de Lugo, 1975). Colaborou na Gran Enciclopedia Gallega, nas revistas "Memoria Ecclesiae", "LVCENSIA", na revista do "Círculo Saviñao" e en "Miscelánea Samonense". Na colección Concello de Samos. Historia das súas parroquias (Fundación "O Noso Lar") participou con distintas colaboracións. Realizou o folleto La Catedral de Lugo (16 páxinas), que en 1993 editou o Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo.