Fernando Dacosta


Categoría: Actor, director e dramaturgo
Data de Nacemento: 23 de outubro de 1969
Lugar de Nacemento: Ourense
 Currículum

Licenciado en Filoloxía Hispánica, é director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense e da MITEU.

FORMACIÓN ACTORAL:
1986. Compañía Carabela.
1987. ‘Interpretación’ con Helena Pimenta.
1988. ‘Corpo’ con Judith Waïner, ‘Voz’ con Jesús Aladrén e ‘Interpretación’ con Martín Adjemián.
1989. ‘Interpretación’ con Martín Adjemián, ‘The way of the life’ con Rena Mirecka e ‘Entrenamento vocal e corporal do actor’ con Elisa Toledo.
1990. ‘O corpo sonoro’ con Vicente Fuentes, ‘Seminario de expresión lingüística-literaria’ con Zulema Moret, ‘Interpretación’ con Helena Pimenta, ‘Cabaret’ con Ángel Burgos e Norberto Digiorno e ‘Interpretación’ con Judith Waïner.
1991. ‘Interpretación’ con Augusto Fernández.
1992. ‘Voz’ con Jesús Alardrén, ‘Interpretación’ con Zyvila Pietrza, ‘Interpretación’ con Augusto Fernandes e ‘Seminario Internacional sobre teatro e ensino’, A Coruña.
1994. ‘Escrita Dramática’ con Sergi Belbel.
1997. ‘A palabra en acción’ con Ernesto Caballero.
1998. ‘O actor como creador’ con Albert Boadella.
1999. ‘Relaxación e corpo’ con Rosa Auki e ‘O actor como creador’ con Albert Boadella.
2001. ‘Interpretación’ con Ángel Facio.
2002. ‘A palabra escénica’ con Vicente Fuentes e ‘Accións físicas’ con Isabel Úbeda Puccini.
2005. ‘O Corpo da Voz’ con Vicente Fuentes.
2006. ‘A voz en acción’ con Vicente Fuentes.

 Obras realizadas

ACTIVIDADE ACTORAL
TEATRO:
Con SARABELA (Dirección Ánxeles Cuña Bóveda):
1986. “O Triciclo”, de F. Arrabal.
1987. “O sangue do tempo”, de A. Gª Pintado.
1989. “Xacobe ou a Sumisión”, de E. Ionesco.
1990. “Supertot”, de Benet i Jornet e “Madame de Sade”, de U. Mishima.
1992. “As Sillas”, de E. Ionesco.
1993. “Xacobe e o seu amo”, de M. Kundera.
1994. “Cama (2x2 para 2)”, de S. Belbel.
1995. “Os Trasnos da Noite”, de F. Dacosta
1996. “A Esmorga”, de E. Blanco Amor (dramaturxia de B. Muñoz e C. Couceiro).
1997. “Afección”, de B. Muñoz, A. Cuña, C. Couceiro e F. Dacosta.
1998. “Tics”, de B. Muñoz, A. Cuña, C. Couceiro e F. Dacosta.
1999. “Os soños de Caín”, de B. Muñoz, A. Cuña, C. Couceiro e F. Dacosta.
2000. “O Lapis do Carpinteiro”, de Manuel Rivas (dramaturxia B. Muñoz, A. Cuña, F. Calleja) Premio María Casares ó mellor espectáculo de Galicia 2001.
2001. “Sexismunda”, de P. Calderón de La Barca (dramaturxia de B. Muñoz, A. Cuña, F. Calleja) Premio María Casares ó mellor espectáculo de Galicia 2002; “Romance de Micomicón e Adhelala”, de E. Blanco Amor. Premio Celestina da crítica de Madrid á mellor aportación ó teatro infantil no Estado. Finalista no ámbito nacional en Teatralia e “A illa amarela”, de Paloma Pedrero
2002. “A conxura dos necios”, de John Kennedy Toole (dramaturxia de Ánxeles Cuña).
2003. “Así que pasen 5 anos”, de Federico García Lorca. Premio María Casares ó mellor espectáculo de Galicia 2004.
2004. “Rolda de Caricias”, de Sergi Belbel e “A gata con botas”, de A. Cuña, baseada na obra de Perrault.
2005. “O Heroe”, de Manuel Rivas.
2007. “Margar no pazo do tempo”, de A. Cuña.
2006. “Macbeth”, de William Shakespeare. Dirección de Helena Pimenta.
2007. “Cristovo e o libro das marabillas”, de Fina Calleja, dirixida por ela mesma.
Co CENTRO DRAMÁTICO GALEGO:
1991. “O incerto señor don Hamlet”, de A. Cunqueiro (Dirección Ricard Salvat).
1992. “A Lagarada”, de R. Otero Pedrayo (Dirección Père Planella).
1993. “Historia do Solldado”, de Ramuz e Stravinsky (Dirección Manuel Guede) e “Leoncio e Helena”, de G. Büchner (Dirección Á. Cuña Bóveda).
1999. “Se o vello Simbad volvese ás illas”, de Álvaro Cunqueiro (dramaturxia de Quico Cadaval) (Dirección Fabio Mangolini). Premio María Casares ó mellor espectáculo de Galicia 2000.
2004. “O ano do Cometa”, de Álvaro Cunqueiro (Dramaturxia e dirección Quico Cadaval).

TELEVISIÓN:
1989. “Os Outros feirantes” (1cap.) Direc. Xosé Cermeño. Galaxia. TVG.
1994. “Compuesta y sin novio” (1cap.) Direc. Pedro Masó. Pedro Masó. A3 e publicitario para CCOO Direc. Valentín Carrera.
1995. “Pratos Combinados” (4 cap.) Direc. Carlos Serrano. Ed. Compostela. TVG.
1996. “Pratos Combinados” (16cap.) Direc. Carlos Serrano. Ed. Compostela. TVG.
1997. “Con Perdón” (3 prog.) Direc. Manolo Bello. Vídeo Voz. TVG, “A Familia Pita” (1 cap.) Direc. Mateo Meléndrez. Continental. TVG e “Pratos Combinados” (9cap.) Direc. Carlos Serrano. Ed. Compostela. TVG.
1998. “Pratos Combinados” (20cap.) Chema Fdez e E.Chao. Ed.Compostela. TVG.
1999. “Xabarín Natural” 2ª Ed. (1 prog.) Direc. Suso Iglesias. TVG.
2000. “Xabarín Natural” 3ª Ed. (1 prog.) Direc. Suso Iglesias. TVG.
2002. “Pequeño Hotel” (1 cap.) Direc. Giselle Janio. CTV. TVG e spot publicitario para a TVG: Somos actores. TVG.
2004. “Rías Baixas” (1 cap.) Direc. Xerardo Rodríguez. Zenit. TVG.
2005. “As Leis de Celavella” (1cap.) Direc. Jorge Coira e Carlos Sedes. Vídeo Voz. TVG e spot publicitario para TVG: campaña a prol do audiovisual e teatro galego.
2006. “Cuéntame como pasó” (1cap) Dir: Agustín Crespí. Ganga Producciones. TVE e “Quart” (1 cap.) Direc. Joaquín Llamas. Endemol (Zeppelin TV). A3.
2007. “Hospital Central” (1 cap.) Direc. J.L. Gª Berlanga. Videomedia. Tele5.

CINE:
1993. “A metade da vida”. Direc. Raul Veiga. Fenda Films.
2007. “Pradolongo”. Direc. Ignacio Vilar. Vía Láctea Filmes.

OBRAS DIRIXIDAS
Grupo de Teatro “EIS” da Facultade de Filoloxía de Compostela:
1989. “Exercicios de estilo”, de R. Queneau.
1991. “A Resistible ascensión” de Artur Ui, de B. Brecht.
1993. “Caricias”, de S. Belbel.
1994. “O exemplo da señora Pot”, versión de Mockinpot de P. Weiss.
1995. “A cociña”, de A. Wesker.
Colexio Maior Fonseca de Compostela:
1991. “Viva el Duque nuestro dueño”, de Alonso de Santos.
1992. “El Relevo”, de G. Celaya.
Aula de Teatro da 3ª idade “Aturuxo” Área Social do Concello de Ourense:
1994. “A zapateira prodigiosa”, de García Lorca.
1995. “A costa de Baialdo”, de Martín de Abeleda.
Pilar Pereira (monólogo): 1995. “Ofelia sen a virtude do pudor”, de P. Pereira.
Aula de Teatro Universitaria de Ourense “Maricastaña”:
1995. “Ubú Rei”, de A. Jarry. Premio Xuve-95 (Galicia) á mellor montaxe.
1996. “Terror e miseria da nación poderosa”, de B. Brecht.
1997. “Hamlet”, de W. Shakespeare. Premio Xuve-97 (Galicia) á mellor montaxe.
1998. “No tempo do Crepúsculo” versión libre de Crimes Exemplares de Max Aub.
1999. “O país das últimas cousas”, versión da novela de P. Auster.
2000. “Conto de Inverno”, de William Shakespeare. Premio Xuve 2000 (Galicia) á mellor montaxe.
2001. “Vodas de Sangue”, de F. García Lorca.
2002. “Fahrenheit 451”, versión da novela de Ray Bradbury.
2003. “O Despertar” de F. Dacosta. Baseada en “Despertar de Primavera”. Premios á mellor escenografía, mellor actriz protagonista e mellor actriz de reparto no Festival Internacional de Teatro Universitario de Casablanca (Marrocos).
2004. “Tótem”, versión de “Señor das moscas” de W. Golding. Premio do espectador en Covilhâ e accesit en Fituc de Casablanca.
2005. “Frankenstein”, versión da novela de Mary W. Shelley. Premio Na Vangarda-05 (Galicia) á mellor montaxe.
2006. “Rampante”, dramaturxia de "O Barón rampante" de Italo Calvino. Premio do espectador no Festival Internacional de Covilhâ (Portugal). Seleccionada polo Fatal de Lisboa para Foz Côa.
2007. “Unicornio”, de F. Dacosta.
Compañía Talía Teatro:
1997. “Retén”, de Ernesto Caballero.
Trécola Teatro:
2006. “Encerradas”, dramaturxia de “A casa de Bernarda Alba”, de García Lorca. 1º Premio no Certame Galego de Creadores Novos GZCREA 2006 da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta da Xunta de Galicia.
Compañía Carabela:
1999. “Tres Pontes Tres Tempos” de Begoña Muñoz (Codirección con Suso Díaz).
2000. “A ponte dos Tempos” e “Trivesía Fantástica”, de Begoña Muñoz (Codirección xunto a Suso Díaz).
Compañía de Teatro Artes no Camiño (Ars Actus):
2007. “A Viaxeira”, a partir de "O Pequeno príncipe" de Saint Exüpery (Codirección xunto a Suso Díaz).

CURSOS IMPARTIDOS
Director e profesor da Aula de Teatro Universitaria de Ourense desde o ano 1995. Campus de Ourense, Universidade de Vigo.
1991. Expresión dramática (profesores de Bacharelato. Allariz).
Teatro (Colexio Maior Fonseca).
1992. Voz (Instituto Otero Pedrayo).
Voz (CEFOCOP Compostela. Esteiro e Arzúa).
1993. Teatro (Sindicato Traballadores do Ensino de Galicia. Profesores de Bacharelato. Pontevedra).
Teatro (CEFOCOP Compostela. Profesorado de Lingua galega e literatura).
1994. Creación e posta en escena (Concello de Ourense. Mestres).
Animación á lectura (Concello de Chantada).
Voz (Aula de Teatro Universitaria de Ourense).
1995. Teatro (V Congreso Galego de Expresión e arte. Lugo).
Campaña de teatro na escola (Concello de Ourense).
Creación e posta en escena (CEFOCOP Compostela).
1996. Campaña de Teatro na escola (Concello de Ourense).
Creación Oral (CEFOCOP Compostela. Boiro).
1997. A dramatización, un recurso para mellora-la expresión oral (CEFOCOP de A Coruña. Carballo).
O xogo teatral, posibilidades de planeamento e método de traballo (CEFOCOP Lugo).
1999. Presenza, precisión e movemento na táboa (Aula de Teatro Universitaria de Ourense).
2001. Proceso de creación dun espectáculo. Apuntes Básicos (Padroado Municipal da Música e as Artes Escénicas de Ferrol).
2002. Proceso de creación dun espectáculo. Apuntes Básicos. Colexio Fingoi. Lugo.
2003. Interpretación (Colexio Fingoi. Lugo).
2004. As liñas da construción (Aula de Teatro Universitaria de Ourense).
2006. Cara unha posta en escena en Viana do Bolo (CEFORE do Barco).
2007. Interpretación no Festival de Artes no Camiño (Sarria).

 Outros datos de interese

PREMIOS
1991. Compostela ó mellor actor de Galicia polo papel de Madame de Saint- Fond en “Madame de Sade”.
1995. Compostela ó Mellor actor de reparto de Galicia polo papel O Home en “Cama”.
1998. Premio Mellor actor do Feten de Gijón polo papel Luis Brandán en “Tics”.
1999. María Casares ó Mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Luís - Brandán en “Tics”.
2000. María Casares ó Mellor actor secundario de Galicia polos papeis Arfe o Novo, Sidi Muza, O escravo e Kemal o Turco en ‘Se o vello Simbad volvese ás illas’.
2001. María Casares ó Mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Herbal en “O lapis do carpinteiro”.

NOMINACIÓNS-FINALISTA
2003. María Casares ó mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Ignatius Rei en “A conxura dos necios”.
2004. María Casares ó mellor actor protagonista de Galicia polo papel de O Mozo en “Así que pasen 5 anos”.
2006. María Casares ao mellor actor protagonista de Galicia polo papel de Caronte en "O heroe".

OUTROS MÉRITOS
1988. Funda o grupo de teatro Eis da Facultade de Filoloxía de Compostela.
1989. Adaptación e dramaturxia de Exercicios de Estilo de R. Queneau.
1991. Artigo “O teatro portugués actual” en “El Correo Gallego”.
Coordinador no “Encontro de escritores galegos e portugueses” de Compostela.
1992. Publica “O Réxime informa” na Revista Ólisbos.
1993. Publica “O grupo de teatro Eis” na Revista Información teatral, Nº 9.
Mesa redonda sobre teatro universitario na Universidade Internacional de Verán
Menéndez Pelayo. A Coruña.
Adaptación de “Mockinpot” de Peter Weiss co título O exemplo da Sra. Pot.
Adaptación de “A Zapateira prodixiosa”, de Lorca.
1994. Escribe “A Costa de Baialdo” baixo o seudónimo de Martín de Abeleda.
Director da Aula de Teatro Universitaria de Ourense.
1995. Adapta “Ubú rei”, de Jarry.
Curso de “Xestión e Producción teatral” con Manu Aguilar.
Organización da II Mostra Galega de Teatro Universitario de Ourense.
Adaptación de Terror e miseria do III Reich, de Brecht co título “Terror e miseria da nación poderosa”.
Organiza o I Ciclo de Conferencias da Aula de Ourense coa presenza de Sergi Belbel, Ánxeles Cuña, Begoña Muñoz, Quico Cadaval, Pilar Pereira e María Bouzas.
Escribe “Os trasnos da noite”, obra infantil para a campaña de Teatro na Escola levada a cabo por Sarabela teatro e organizada polo Concello de Ourense.
1996. Funda e dirixe a “I Mostra Ibérica de Teatro Universitario de Ourense” (MITEU). 9 grupos de España e Portugal
Organiza o II Ciclo de Conferencias da Aula de Teatro Universitaria de Ourense coa presenza de Luís García Berlanga, Antonio Gómez Rufo, María Pujalte, Evaristo Calvo e Víctor L. Mosquera.
Coescribe a obra de teatro “Afección” de Sarabela.
Coordina o Curso Complementario “Teoría e Estética Teatral” Universidade de Vigo
1997. Adaptación de Hamlet, de William Shakespeare.
Adaptación de Tartufo, de Molière.
Dirixe a II MITEU (Mostra Iberoamericana de Teatro Universitario) 15 grupos de España, Portugal, Brasil, Arxentina e Cuba.
Relator no II TEATRAGAL en Cangas: “A Problemática do exercicio profesional”.
Artigo “Nós e o teatro” en Escaramuza nº 1. Revista da AADTEG.
Artigo “A palabra en acción” en Escaramuza nº 2. Revista da AADTEG.
Adaptación ó galego de Retén, de Ernesto Caballero.
Memoria de investigación: “O Teatro profesional galego. Ano 1993” (UNED).
Secretaría de Ensino da Asociación de Actores, Directores e T. de Escena de Galicia.
1998. Adaptación ó galego de “Viva el Duque, nuestro dueño” de Alonso de Santos.
Dramaturxia de “No tempo do crepúsculo”. Creación con “Maricastaña” a partir de “Crimes exemplares” de Max Aub.
Coescribe a obra de teatro “Tics” de Carabela.
Premio ó mellor texto orixinal do FETEN (Gijón) por “Tics”, xunto ós outros tres autores da peza: Carlos Couceiro, Begoña Muñoz e Ánxeles Cuña.
Crea tres niveis de docencia na Aula de Teatro Universitaria de Ourense.
Organiza o III Ciclo de Conferencias da Aula de Teatro Universitaria de Ourense coa presenza de Albert Boadella, Cándido Pazó, Rosa Álvarez, Antón Lamapereira, Rubén García e Camilo Franco.
Dirixe a III MITEU. 15 grupos de España e Portugal.
Xurado no concurso de textos teatrais da Universidade de Vigo.
1999. Co-escribe a obra de teatro “Os soños de Caín” de Carabela.
Dirixe a IV MITEU. 15 grupos de España, Portugal, Italia, Xapón, Colombia.
Funda o premio de dramaturxia “Carlos Couceiro” para a MITEU.
Adapta a teatro e ó galego a novela de Paul Auster “O país das últimas cousas”.
Artigo “Hamlet, Unha montaxe” da Aula de Teatro Universitaria de Ourense” e “A Aula de Teatro de Ourense” en Casa Hamlet Nº 1.
Relatorio “Experiencias de animación teatral” no Encontro Internacional de Animación Teatral, Santiago de Compostela.
2000. Artigo “O intérprete diante dos medios” na Revista Galega de Teatro Nº21.
Tradución ó galego e adaptación de “Un conto de inverno”.
Dirixe a V MITEU. 15 grupos: España, Portugal, Australia, Costa de Marfil.
Premio XUVE-2000 á mellor montaxe e premio especial á versión galega por “Un conto de inverno”.
Publicación de Tics (Ed Bahía) e de Os soños de Caín (Ed. Abano).
Ocupa a Secretaría de Ensino da AADTEG xunto a Ánxeles Cuña, organizando cursos con: Vicente Fuentes, Ángel Facio, Néstor Muzzo, Isabel Úbeda, Assumpta Serna e José Manuel Garrido.
2001. Dramaturxia de “Vodas de Sangue” e tradución ó galego.
Dirixe a VI MITEU. 21 grupos: España, Portugal, Italia, Francia e Honduras.
Artigo “VI MITEU” na Revista Galega de Teatro Nº 27.
2002. Versión teatral e tradución ó galego de “Fahrenheit 451”.
Vogal do congreso “Dez anos de Teatro principal”. Ourense.
Curso “A producción teatral” con José Manuel Garrido.
Dirixe a VII MITEU. 21 grupos: España, Portugal, México e Chile.
Organiza o IV Ciclo de Conferencias da Aula de Teatro universitaria de Ourense con Quique San Francisco e Ernesto Chao.
2003. Escribe “O despertar” baseada en Despertar de Primavera de Frank Wedekind.
Dirixe a VIII MITEU. 21 grupos: España, Portugal, Angola, Marrocos.
Organiza o V Ciclo de Conferencias da Aula de Teatro Universitaria de Ourense con Jorge Sanz, Miriam Gallego e Miguel de Lira.
2004. Escribe "Totem", baseada en “O Señor das moscas” de William Holding.
Dirixe a IX MITEU. 21 grupos: España, Portugal, Inglaterra, Hungría.
Organiza o VI Ciclo de conferencias da Aula de Teatro Universitaria de Ourense con Luis Tosar, Manuel Martín Cuenca e Antonio Durán "Morris".
Funda e dirixe a I MOTI (Mostra de Teatro Infantil de Ourense): 8 espectáculos.
2005. Escribe "Frankenstein", baseada na novela homónima de Mary W. Shelley.
Dirixe a X MITEU. 26 espectáculos: España, Portugal, Italia e Palestina.
Co-organiza o Congreso Internacional de Teatro de Ourense.
Co-organiza a conferencia do actor Carmelo Gómez.
Dirixe a II MOTI: 10 espectáculos.
2006. Escribe "Rampante", baseada na novela O Barón rampante de Italo Calvino.
Dirixe a XI MITEU. 25 espectáculos: España, Portugal, El Salvador, Costa de Marfil, exposición e concertos.
Escribe "Camiño da fama" baixo o seudónimo “Fir of the COAST” para a campaña da OMIC do Concello de Ourense, dirixida por Tegra Vázquez en Teatro Mutante.
Publica "Humpf", escena teatral, no libro “Indo entre liñas”, Universidade de Vigo.
Escribe unha adaptación de "La casa de Bernarda Alba" de Lorca co título "Encerradas" para Trécola Teatro.
Escribe "A escada dos tempos" para Sarabela Teatro na campaña de turismo de Monforte 2006 na Torre da Homenaxe.
2007. Escribe "Unicornio".
Dirixe a XII MITEU. 25 espectáculos de España, Portugal, Sáhara, Israel, Palestina e Cuba, exposicións e concertos
Escribe "A Viaxeira" a partir de "O pequeno príncipe" de Saint Exüpery.