Julio Álvarez Núñez


Data de Nacemento: 18 de Agosto de 1957
Lugar de Nacemento: Bilbao
 Currículum

É A.T.S., funcionario de carreira, cursou os seus estudos en Barcelona.

 Obras realizadas

Iniciou a súa carreira como practicante titular no municipio da Lama (Pontevedra) e actualmente é practicante titular no Centro de Saúde de Quiroga.
En 1987 inicia a súa andadura política co Partido Popular, como Alcalde de Quiroga, gañando as eleccións municipais por maioría absoluta e continuando ata o día de hoxe como Alcalde.
Foi asesor da conselleira de Familia Manuela López Besteiro no ano 1994, dous anos máis tarde desempeñou o cargo de presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias ata o ano 2000.
Así mesmo, estivo como deputado provincial desde o ano 1994 ata o ano 2007, sendo vicepresidente segundo da Excma. Deputación Provincial de Lugo desde o ano 1999 ata o 2007.

 Outros datos de interese

Está casado e ten tres fillos.
Dedica o seu tempo libre á familia, á pesca e a unha horta.