Victoria Rivadulla Conde


Pseudónimo:Viki Rivadulla
Data de Nacemento: En 1964
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

 

A Coruña no Barrio de Monte Alto, en 1964, ainda que a súa vida e obra están íntimamante ligadas á Costa da Morte e especialmente a Muxía de onde é a súa familia materna e onde reside actualmente.

Licenciada en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela.

Pintora e escultora autodidacta.

Artesá bonequeira. Obtivo a carta de artesá no ano 2002.

Ten experiencia docente tanto no campo da filosofía (traballou como profesora de Filosofía e Historia Contemporánea na Academia Aula Nosa da Coruña e como profesora de Técnicas de Estudio e Clases de Apoio para alumnos do IES Ramón Caamaño de Muxía) coma na artesanía (deu numerosos cursos de modelado e bonequería, sobre todo para nenos/as).

 

 Obras realizadas

2013. Mostra individual de pintura e escultura “O meu mar”, no Pazo da Cultura de Carballo.

En preparación as ilustracións para a publicación do libro Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, gañadora do Certame de poesía erótica Illas Sisargas, 2012.

2012. Colaboración escenográfica para a obra "O médico a paus" de Moliére, en versión de Artur Trillo para a Escola Municipal de Teatro de Muxía.

2012. Mostra colectiva Miradas, de pintura e escultura, na que ademáis de ser a organizadora, participa como pintora.

2011. É convidada polo Concello de Vimianzo para inaugurar a Sala Antón Mouzo, cun discurso titulado “A arte da Costa da Morte”

2011. Realiza traballo de ilustración para o poemario "Átonos" de Rosalía Fernández Rial, e participa no espectáculo de presentación do libro.

2011. Fai ilustración para portada do cd "Muxía é unha serea" da Coral Polifónica Virxe da Barca.

2010-2011. Mostra colectiva de pintura e escultura Catro Miradas da que, ademáis de participar como artista, é coordinadora. Casa das Beiras. Concello de Muxía.

2010. Mostra de Artistas da Costa da Morte nas xornadas Muxía no Camiño organizadas polo Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural Muxía Natural.

2007. Mostra colectiva de artesanía da Costa da Morte, no Congreso de AGACS. Albergue de peregrinos de Muxía.

2007. Participa, ademáis, cunha ponencia na mesa O Patrimonio inmaterial: os antigos oficios xunto a Concha Canoura e Carmen Riveiro.

2005. I Mostra de artesáns de Muxía. Organiza Concello de Muxía.

2005. Mostra de artesanía Mar Océana II, en Muros.

2005. Mostra de artesanía con talleres do I Congreso de Turismo da Costa da Morte. Corcubión.

2005. Mostra de Nadal de artesanía con talleres, no cárcere vello. Concello de Corcubión.

2004. Mostra de artistas da Costa da Morte. Vinoteca Lorena. Muxía.

2004. Mostra de artesáns da Costa da Morte na Lonxa de Muxía.

2004. Mostra de artesanía Mar Océana, en Muros.

2003. Mostra de artesanía con talleres na Romaría do Lecer organiza Xacarandaina. A Coruña.

2003. Mostra de artesanía Marabilla Soa. Muros.

Entre os anos 2002 e 2006 participa nas Mostras de artesanía do Concello de Corcubión.

2002. As súas obras Meniñeiro e Pedro Chosco seleccionada no IV Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas, da Deputación da Coruña, participando no catálogo e exposición itinerante deste certame.

2002. Participa pintando en vivo no Peche activo da Plataforma Nunca Máis, xunto a Antón Mouzo, Xervasio Sar e Coque Toba, no IES Ramón Caamaño de Muxía (os dous cadros pintados foron donados ao IES).

2001. Mostra de bonecas e marionetas. Vinoteca Lorena. Muxía.

2000. Mostra colectiva de pintura de artistas muxiáns na Vinoteca Lorena. Muxía.

1998. Exposición de pintura individual en El Café de Macondo. A Coruña.

1997. Exposición de pintura individual. Asociación Cultural Tanxedoira. A Coruña.

1997. Exposición individual de pintura. Restaurante As Hortensias. Corcubión.

1992. Exposición colectiva no Concello de Muxía. Máscaras e óleos. Organiza A.C. Punta da Buitra.

1990. Exposición colectiva. Óleos. Sala de exposicións do Concello de Muxía.

1988. Exposición de pintura individual. Sala de exposicións da Deputación de Lugo.

1987. Mostra individual de pintura. Pub Casa das Crechas de Santiago de Compostela.

1987. Mostra individual de pintura no Salón da Biblioteca do Concello de Zas.

1986. Exposición de pinturas e debuxos titulada O prazer secreto do soño no Pub Halcón Maltés de A Coruña.

1986. I Mostra de arte galega colectiva. Na Confraría de Pescadores de Muxía.

1985. Exposición colectiva de pintura, Círculo Mercantil de Santiago de Compostela. Pazo de Bendaña.

1985. Realiza o traballo de deseñadora gráfica do suplemento cultural Xanela da lúa de El Correo Gallego.

1984. Exposición de pinturas. Individual no Pub Modus Vivendi de Santiago de Compostela.

1984. Traballa no departamento de Deseño Gráfico da Revista Universitaria de Cultura Coordenadas primeiro con Marcelino de Santiago (Kukas) e logo con Ricardo Lázaro (Santiago de Compostela).

A súa primeira mostra individual faina ós 15 anos de idade, no Tele Club de Muxía.

Poden verse os seus traballos nalgunhas casas de turismo rural como a Casa de Trillo (Muxía), o Pazo do Souto (Carballo) ou o Hotel Rústico Lorena (Muxía).

Ten ilustracións publicadas en revistas e diarios, entre elas: El Correo Gallego, Outeiro (A Coruña), Decrúa (Muxía) e Edelweiss (Santiago).

O seu traballo artístico aparece reflexado en publicacións como as revistas 'Traveller' e 'Muñecas' (Madrid), así como en reportaxes coma as realizada para TVG nos programas 'Galicia Enteira', 'Salitre', 'Visións' (nunha reportaxe de Xabier Rodríguez Barrio sobre a mostra de Viki na Deputación de Lugo), e para a TVE 'Más Gente', ou nos libros 'Rutas da Costa da Morte' de Xan Fernández Carrera e '100 Mulleres Galegas. Artistas Emerxentes' de Rosa Gomez Limia e Patricia Núñez Sánchez, publicado pola Xunta de Galicia e a Asociación Teenses pola Igualdade.

 Outros datos de interese

Ampla experiencia asociativa e de dinamización cultural (organización de charlas, actividades artísticas e culturais, mostras, recitais de poesía...).

Experiencia como deseñadora gráfica de catálogos, carteis e logotipos para actividades e entidades de carácter cultural e artístico.

Foi co-fundadora e vicepresidenta da Asociación Cultural Edelweiss que foi un axente dinamizador na Compostela dos anos 80.

Foi membro da Plataforma Nunca Máis de Muxía, dedicándose activamente á organización dos eventos que se organizaron en Muxía para a concienciación e información durante a catástrofe do Prestige.

Fundadora e presidenta da desaparecida Asociación Pedra dos Corvos de Muxía.

Socia fundadora do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

Pertence á Asociación Galega de Artesáns.

Pertence ao Padroado Fundador da Fundación Gonzalo López Abente e, na actualidade, exerce como secretaria da mesma.