Destacado ecoloxista e naturalista galego. Desde moi novo o seu pai (socio fundador da Sociedade Española de Ornitoloxía) introdúceo no mundo da natureza, que el compaxinará cunha clara vocación literaria, como amosan os seus libros e artigos (non en van é profesor de Literatura de Instituto).A súa militancia ecoloxista lévao a funda-lo Colectivo Ecoloxista Radical, cofunda CEDENAT (Colectivo Ecoloxista de Defensa da Natureza) e a Asemblea de Grupos Ecoloxistas de Galicia. Tamén funda Os Verdes de Galicia e participa activamente en política desde 1987 ata a súa retirada da política no ano 1999.
Libros: -As Donas do Vento. Aves rapaces de Galicia. - Ed. Xerais.-Eses Nobres cazadores. Mamíferos carnívoros de Galicia. - Ed. Xerais.-Veciños do Home. Aves urbanas de Galicia. - Ed. Xerais.-Un ano nos Ancares - Ed. Xerais.-Un ano no Courel - Ed. Xerais.-Naturaleza varia (selección de artigos en castelán) - Ed. Xerais.É autor de centos de artigos, conferencias e programas de radio.Tamén é colaborador semanal de "El Progreso" desde 1989 e colaborador semanal de Radio Ser desde hai anos.
Foi nomeado Lucense do ano en 1992.