Xosé Ramón Pena Sánchez


Categoría: Filólogo
Data de Nacemento: En 1956
Lugar de Nacemento: Betanzos (A Coruña)
 Currículum

Doutor en Filoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, é catedrático de Lingua e Literatura Galegas no I.B. “Sta Irene” (Vigo), cidade na que reside desde hai case trinta anos.

 Obras realizadas

Obras de narrativa: “O reverso do espello” (1984), “Para despois do adeus” (1987), “Paixóns privadas” (1991), “A era de Acuario” (1997), “Fado de princesa” (2005) e de próxima aparición “A batalla do paraíso triste”.
Ensaio e Historia da Literatura: “Manuel Antonio e a vangarda” (1996), “Xograres do mar de Vigo” (1998), “Historia da literatura medieval galego-portuguesa” (2002) e “Estudos sobre Os Eoas” (2005) (este último con Manuel Forcadela).
Edicións de autores: “Na noite estrelecida” (1987), “Da Terra asoballada” (1994) e “A esmorga” (2001).
Manuais de lingua: Coautor de “Galego século XXI” (2004) e “Manual e exercicios de galego urxente” (2006).
Xornalismo: É director do suplemento cultural semanal “Faro da Cultura” de Faro de Vigo e columnista semanal (“De Bolina”) nese mesmo xornal.

 Outros datos de interese

Premio “Xerais” de novela (1987) e Premio “Losada Diéguez” á creación literaria (1988).