É mestre de EXB e dedícase a escritura desde 1993. Trata temas de novela e investigación histórica, en lingua galega e castelá.
É autor dos seguintes libros: La del veintiuno (novela histórica sobre o mundo da armada entre 1800-10), Montbars, o anxo exterminador (novela sobre a piratería filibusteira), O bandido Casanova (Premio de Novela Pastor Díaz 1999, Xerais), Os náufragos da Galicia Norte (Traballo de investigación publicado por Edicións Lea, Santiago, 2003), La Galerna de 1961 (Traballo de Investigación pesqueira) e Matrícula de Bilbao (Investigación sobre grandes buques bilbaínos). Ten publicados artigos en diversas revistas.