Estudiou Historia da Arte na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid, e de debuxo, pintura e modelado na Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo. Avalía o labor diario, a realización cotiá da obra, coma o recurso didáctico definitivo, na formación e evolución do concepto plástico.
Presenta a súa obra en exposicións individuais en cidades da comunidade e intégrase en mostras colectivas que difunden a pintura galega fóra do país. Participa en certames convocados por institucións privadas e oficiais e é autor de obra gráfica, algunha, publicada nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia así como nas revistas "Lucus", "Can sen dono" e "Atlántico expres". No ano 2002 presenta a exposición RETRATOS en Lisboa.