Estudou no Seminario de Lugo, na Escola de Maxisterio de Ourense e licenciouse en Xeografía e Historia na UNED.
Crego en Vilamor do Courel, Vilachá de Salvador e Sabadelle (Chantada), foi profesor na Escola de Formación Profesional Agraria de Monforte e Chantada, mestre en Gernika e Valadares (Vigo) e xubílase como profesor de Ensino Medio (Xeografía e Historia) en Vigo.
Cando se puxo en marcha a Universidade de Vigo, foi nomeado director do Servizo de Normalización Lingüística, labor que realiza ao longo de case dez anos. Durante este período imparte cursos de Lingua Galega e de Linguaxe Administrativa, ademais de contribuír á galeguización da documentación administrativa da institución universitaria.
TRABALLOS E COLABORACIÓNS:
-“A Igrexa Colexiata de Vigo”, Ed. Cardeñoso, 1994.
-Colabora na revista “Dereito e Lingua”.
-“Xaime Isla, sineiro de fe e galeguidade”.
-“A Normalización Lingüística na Universidade: Estudo Sociolingüístico”.
-“¿Galego no ensino ou ensino en galego?”.
-“A campá como medio de comunicación”.
-“Biografía do xeneral da Ribeira, Pedro María Pin Fernández”.
-“O xeneral Escobar”.
-“Castelao é noso”, na revista da Casa de Galicia de Valladolid.
Durante 13 anos participa no grupo Badal na elaboración de material litúrxico en galego.
Membro do Consello de Normalización Lingüístico do Concello de Vigo en representación da Fundación Penzol.
Secretario da Editorial SEPT.