Francisco Asorey González


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 4 de marzo de 1889 (†2 de xullo de 1961)
Lugar de Nacemento: Cambados (Pontevedra)
 Currículum

En 1918 gañou a oposición para o cargo de escultor anatómico da Facultade de Medicina en Santiago e en 1919 instalou un taller de escultura. As súas ensinanzas chegaron a moitos escultores, sobre todo durante o seu cargo de profesor na Escola de Traballo de Santiago de Compostela.

 Obras realizadas

Unha das súas obras máis importantes foi a talla de San Francisco, encargada polo propio convento, coa que obtivo a Primeira Medalla da Exposición Nacional. A Segunda Medalla obteríaa tamén coa súa obra O Tesouro. Igualmente son dignas de mención as súas obras Picariña, Filliña, Naiciña, Virgen de Tanxil e Cristo de Moyá. Tamén realizou obras para países hispanoamericanos como La Virgen de los Desamparados (1949), destinada a Buenos Aires.