María Antonia Dans


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: 9 de abril de 1920 (†17 de febreiro 1988)
Lugar de Nacemento: Oza de los Ríos
 Currículum

Cando era unha nena trasladouse coa súa familia a Curtis. Na Coruña traballou no estudio de Lolita Díaz Baliño e entrou en contacto coa obra do seu sobriño Isaac Díaz Pardo. En 1952, casou co xornalista Celso Collazo e trasladouse a Madrid. Na súa pintura recreou o mundo galego da súa infancia, apracible e gozoso. Asistiu a clases no Círculo de Belas Artes e a finais dos 50 realizou varias exposicións en Madrid (Ateneo, Sala do Prado e Dirección Xeral de Belas Artes).

 Obras realizadas

Pintou murais para o xornal Pueblo, o Hotel Wellington, o concello de Ribadelago, a igrexa de Meirás e o hostal de Baiona. Nos anos 60 expuxo en Sevilla, Santander, Bilbao e Bos Aires (1967). Nos años 70 realizou varias exposicións en Zaragoza, Barcelona, Madrid, Vigo, Santiago, A Coruña, Baiona e Valencia.

 Outros datos de interese

Obtivo os premios Villa de París (1963), UNICEF e Repesa (1970). Tamén disfrutou de bolsas da Fundación Juan March e do Ministerio de Educación e Cultura.