Joaquín García-Gesto


Categoría: Pintor

   Cultura
 Currículum

Realizou, entre outras, as seguintes exposicións individuais: Círculo das Artes de Lugo (1964), Galería Amadís (Madrid, 1973), Galería la Mandrágora, (Málaga, 1973), Sala BCI (Lugo, 1982), Iberoclub-Bonn (RFA, 1983), Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, 1984), Dvorak (Lugo, 1984), Galería Arracada (A Coruña, 1985), Galería Sargadelos (Barcelona, 1985), Dvorak (Lugo, 1986), Galería Gruporzán (A Coruña, 1987), Caixa Galicia (Ferrol, 1990), Fundación de Arte Ana Torre (Bos Aires, Arxentina, 1992), Casino del Atlántico (A Coruña, 1993), Galería Clérigos (Lugo, 1995), Galería Obelisco (A Coruña, 1996), Galería Alameda (Vigo, 1997), E.T. Superior de Arquitectura (A Coruña, 1997), Galería Paloma Pintos (Santiago de Compostela, 2001) e Galería Espacio 48 (Santiago de Compostela, 2001).

 Obras realizadas

Fixo as exposicións colectivas: Colexio Maior Diego de Covarrubias (Madrid, 1965, 1966), Primeiro Certame Nacional Universitario de Artes Plásticas (1972), 4ª Bienal Internacional do Deporte nas Belas Artes (Palacio de Cristal do Retiro, Madrid, 1973), Exposición homenaxe a Rafael Alberti (Barcelona, 1976), ‘Cien artistas para la democracia’ (Madrid, 1977), Exposición Mundo Obrero: Vanguardias españolas (Pavillón de Madrid, 1978), ‘50 años de vida Gallega’ (Galería Altex, Madrid, 1981), Galicia. Panorama da Arte Moderna (Banco de Bilbao, Madrid, 1982), Nova xeración de artistas lucenses (Delegación da Consellería de Cultura da Xunta, 1983), Catro artistas de Lugo: García-Gesto, Lo Marti, Paco Pestana, Pardo Teixeiro (Vigo, 1985), ‘Forzas Atroces del Noroeste’ (UIMP, Palacio de la Magdalena, Santander, 1986), ‘Dezasete pintores de Lugo’ (Concello de Lugo, Museo de Pontevedra, Casa da Parra de Santiago de Compostela e Bos Aires, 1986), ‘Desdeño industrial’ (A Coruña, 1987), ’Retratosfera’ (Círculo das Artes de Lugo, 1988), ‘Imaxes a carón das aulas’ (Ourense, 1989), ‘Tarjetas de Navidad’ (Museo de Ourense, 1991), Colectiva de profesores pintores (Pontevedra, 1992), Pintores e escultores galegos séculos XIX e XX (Lugo, 1995), ‘Puxando o ar. Abanicos de pintores galegos contemporáneos’ (1996), Vangarda e Novos Valores. A Arte Galega na colección Caixavigo (Centro Cultural Caixavigo, Vigo, 1997), Feira Internacional de Arte Contemporánea mac 21 (1998), ‘Bodegóns e floreiros’ (Colección Caixa Vigo, Centro Cultural Caixa Vigo, Vigo, 1998), Proxecto Home-Galicia. ‘III Exposición Arte e Solidariedade’ (1999), ARTVG – CRTVG (Santiago de Compostela 2000), ‘Pintura y Escultura’ (Galería Alameda, Vigo, 2000), ‘Tocar Fondo’ (2002), ‘Formato mínimo’ (2002), ‘Bodegones y naturalezas muertas’ (2004), etc...

 Outros datos de interese

Hai obras súas en museos, colexios, bancos, aeroportos, universidades e coleccións privadas e públicas. Colabora en diversas publicacións relacionadas coa pintura e a arte.

Recibiu a medalla ó mérito das Belas Artes concedida polo Ministerio de Educación e Ciencia (1973) e gañou o 1º Premio de Pintura na Bienal Nacional de Arte (1974).