No aspecto académico cabe resaltar que realizou estudios de Náutica na Escola Superior da Mariña Civil na Coruña e de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, exercendo posteriormente en compañías de navegación españolas e en colexios privados da provincia de Pontevedra. É doutor en Letras pola La Trobe University de Melbourne (Australia). Foi membro do Parlamento de Galicia como deputado independente e participou na elaboración das leis de creación da RTVG, do Consello da Cultura Galega e de Normalización Lingüística de Galicia. Desde 1987 ata 1990, foi Conselleiro de Cultura do Goberno Galego. Neste período promulgáronse leis como a de Creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais e a Lei de Bibliotecas de Galicia, así como decretos de lei como o de Conservación do Patrimonio. Tamén durante a súa xestión creouse o Centro Galego das Artes da Imaxe, o Auditorio de Galicia, o Teatro da Ópera da Coruña, o Centro Galego da Arte Contemporánea e o Centro Superior Bibliográfico de Galicia. Actualmente é membro do consello de administración da CRTVG, traballa no guión da súa próxima película e prepara a saída da súa nova novela.
A súa obra de creación é a seguinte: Mencer de Lúas, Galaxia, Vigo (1968), Mementos de vivos, Galaxia, Vigo (1974), O Contubernio, Castrelos, Vigo (1978), O Barco é do amo, Akal, Madrid (1978), Breixo, Xerais, Vigo (1981), Memoria de Noa. Xerais, Vigo (1983), Xa vai o Grifón no vento / El Grifón, Galaxia, Vigo (1984), Alfaguara, Madrid, (1986), Una conversación en la Habana, Editorial Aguilar-El País, Madrid (1989). É o resultado dunha longa entrevista de doce horas ininterrompidas con Fidel Castro gravada por Televisión de Galicia e emitida en capítulos en varias televisións nacionais e internacionais, Música Sacra, narracións e contos, Editorial Galaxia, Vigo (1989), El tercer lugar, El Sol, Madrid (1990), Los Otros Días, Destino, Barcelona (1991), Cubita, la bella, El Correo Gallego (1992), El Camino de Santiago, Audiovisual (1993), Gran Cantata Xacobea; O longo poema do fin do mundo. Texto ilustrado con gravados de Quintana Martelo, Xunta de Galicia (1993), Descubrir España. Galicia. The National Geographic Society, RBA Publicaciones S.A., Barcelona (2000), Sempre me matan/Siempre me matan, Ir Indo / Grijalbo-Mondadori (1995) Primeira entrega da Triloxía de América, A Gaiola, Litonor, Santiago (1995), A casa de Adara, Edicións Xerais, Vigo (1996), Os días de viaxe (Recompilación de artigos de El Correo Gallego), O fácil que é matar / Peregrino en invierno, Edicións Xerais, Vigo (1998), (Segunda entrega da Triloxía de América), Azul Cobalto. Historia posible del Marqués de Sargadelos, Edhasa, Barcelona (2001), Barriga Verde e o Demo Negro, Pedra Aguda, Santiago (2001), Historia de soldado, Sotelo Blanco, Santiago (2002), Romasanta. Memoria incierta del Hombre Lobo, 1ª edición en ruso, Azbooka Publishers, SPB, febreiro 2004, Sotelo Blanco Ed. SCQ (2004), De Monte Louro a Ribadeo, Portos de Galicia (2004) e Os días de Apulia. Crónicas compendio dunha estancia no Sur de Italia que serán editadas por Ed. Compostela e que están sendo traducidas ó italiano para a súa edición posterior. Ten aparecido obra súa, entre outras, nas seguintes publicacións: Os novísimos da Poesía Galega, Akal Editor, Madrid (1973), Antoloxía da Poesía Galega, Galaxia, Vigo (1980), Bitzac. Literatura, Palma de Mallorca (1986), Antoloxía do Conto Galego, Galaxia, Vigo (1989), Homenaxe a Ramón Piñeiro, Fundación Caixa Galicia (1991), La fuente que mana y corre, Alfaguara, Madrid (1993), Contos de viaxe, Galaxia, Vigo (1994), Boletín Galego de Literatura, Universidade de Santiago de Compostela (1996), Unha liña no ceo, Xerais, Vigo (1996), Quince relatos titulados 31.XII.99 11.30 p.m. Ourense (1999), Contos da Xustiza, Ir Indo, Vigo (1999), Cuentos de ciclismo, Edaf, Madrid (2000), Nuevos episodios nacionales, Edaf, Madrid (2000), Palabras en la Noche (La memoria desvelada), Linteo, Ourense (2001), La cocina literaria, El Ciervo, Barcelona (2003), Narradio. 56 historia son ar, Xerais, Vigo (2003), Un mar de literatura, Cadernos Grial, Vigo (2003) e Vintage, Hardie Grant Books, South Yarra, Victoria. Australia (2004). A súa obra literaria foi estudiada en distintos traballos críticos. Traduciu ó galego: Chamber Music de James Joyce, La isla de los jacintos cortados de Torrente Ballester e El Pallaso y el Pan y El País de los Cerezos (teatro) de Roberto Espina. Algunhas das súas obras foron traducidas ó ruso, alemán, italiano, francés e inglés. Na súa actuación xornalística escribiu máis de cinco mil artigos literarios e de opinión en xornais e revistas nacionais e internacionais: El País, ABC, Diario 16, La Vanguardia, El Sol, Le Monde, La Estrella, etc. Actualmente é colaborador habitual de “El Periódico de Cataluña”. Desde 1990 publica un artigo diario na prensa galega: os primeiros cinco anos en La Voz de Galicia e desde entón en El Correo Gallego onde dirixe tamén o suplemento semanal de cultura “Correo das Culturas”. Como conferenciante ten intervido en máis dun cento de universidades de todo o mundo.
Foi galardoado cos seguintes premios: Premio Chitón de novela, Premio Ícaro de Diario 16, Premio da Crítica Literaria Española (1981), Premio da Crítica Literaria de Galicia (1981), Premio Blanco Amor (1984), Premio da Crítica Literaria española (1986), Premio Nacional de Literatura (1986), Premio Grinzane Cavour 1990 á mellor novela estranxeira publicada en Italia, Premio Nadal (1991), Premio Grinzane Junior Special ó mellor libro estranxeiro para nenos, Turín (2003), Premio Nacional de Poesía Rías Baixas (1966), Premio Nacional de Poesía Universitaria (1967), 2º Premio de Narración Certame Minho-Galaico de Guimaraes, Portugal (1972) e 1º Premio de Narración no mesmo certame (1973). Obtivo o XXVII Premio Nacional de Xornalismo Fernández Latorre e o V Premio Nacional de Xornalismo Julio Camba. Foi fundador do grupo “Voces Ceibes”, que aglutinou ós cantautores da Nova Canción Galega a partir de 1968. Foi membro fundador e primeiro vicepresidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, cargo do que dimitiu unha vez organizado o Primeiro Congreso de Escritores. Tamén fundou e foi o primeiro presidente do P.E.N. Club de Galicia. Está en poder das seguintes distincións: Cabaleiro da Orde das Artes e as Letras de Francia, Gran Cordón da Orde do Mérito concedido polo goberno do Distrito Federal de Caracas en Venezuela, socio de honra do Club de Xornalistas Galegos en Madrid, membro do Padroado Rosalía de Castro, membro da “Enxebre Orde da Vieira”, cabaleiro da Orde da Alquitara, “Folla de Prata do Viño Albariño”, membro da Academia de Gastronomía, vicepresidente patrón da colección Iconográfica de Allariz, membro da Confraría da Augardente de Galicia e membro da Confraría do Viño do Condado do Tea.