Cargos que ostentou: Director do Colexio Pombal de Vigo durante 15 anos e das Escolas Nieto, tamén de Vigo, dous anos.Foi concelleiro do Concello de Vigo dende 1974 a 1983 exercendo como responsable de Educación e Cultura durante cinco anos.Así mesmo foi Conselleiro da Caixa de Aforros Municipal de Vigo, do Servicio Municipal de Augas, do Centro Deportivo Municipal, do Padroado Municipal de Castrelos e Delegado para o Conservatorio de Música.No deportivo foi vicepresidente do Club Estudiantes de Baloncesto e Vocal da Federación de Baloncesto Zona Sur de Galicia.Durante tres anos foi Director Xeral de Consumo da Xunta.Presidente do Círculo Mercantil de Vigo por un período de catro anos.Actualmente é Secretario da Asociación "Amigos da Universidade de Vigo" así como cofundador da mesma en 1996.Cofundador da Asociación de Veciños "Fonte do Galo" de Vigo. Campaña de escolarización do Municipio de Vigo. Iniciativa pioneira e Plan de Equipamento escolar no ano 1978.Colaborou para que o Conservatorio de Música de Vigo fose elevado a Conservatorio Superior.Cofundador do Club Estudiantes de Baloncesto de Vigo e das Agrupacións de Teatro da Asociación da Prensa e do Grupo COPE tamén de Teatro.Actor nunha serie de TVG para nenos e tamén actuou na obra "Así é si vos parece" do Centro Dramático Galego.Cofundador da asociación para impulsa-la creación da Universidade de Vigo, con éxito na xestión que culminou no ano 1989. Aficiones principales, música e teatro. En teatro segue participando como actor.
Casado con Marietta Rodríguez Yañez, ten dous fillos Paloma licenciada en Psicoloxía e Pablo José en Empresariais e dous netos Aldara e Jacobo.