Xosé Ignacio Cabano Vázquez


Categoría: Bibliógrafo e historiador
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Xeografía e Historia, realizou cursos de biblioteconomía e posgrao na UNED (Doutoramento 1995-1997), Universidade Internacional Menéndez Pelayo, Universidade de Peruggia, e na Miskatonic University (Departament of Library Sciences). Foi bibliotecario nas Bibliotecas Públicas Provinciais da Coruña (1986) e Pontevedra (1987), e na Universitaria de Santiago (1985). Desde 1988, con praza de facultativo de bibliotecas, é coordinador do Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico no Centro Superior Bibliográfico de Galicia (Xunta de Galicia) ademais de responsable da creación, programación e elaboración dos cursos de formación para bibliotecarios documentalistas da Xunta de Galicia (1988-2004) e do proxecto de equipos e programas informáticos para a rede de datos do Centro Superior de Documentación e Investigación Cultural. É director da colección ‘Estudios, catálogos e manuais’ e ‘Bibliofilia de Galicia’ que está dedicada á imprenta e ó libro en Galicia. É autor das edicións electrónicas de Bibliofilia de Galicia (tomos 1-23) e de Antonio López Ferreiro (Obra completa). Autor e director do proxecto do ‘Museo do Libro e a Imprenta’ para a Biblioteca-Hemeroteca de Galicia (2003- ), é colaborador do proxecto ‘Tipobibliografía española’ dirixido por Simón Díaz e do proxecto ‘Polígrafos españoles’ (Fundación Tavera). Ten participado en conferencias e impartiu docencia en cursos e congresos.

 Obras realizadas

Foi comisario nas exposicións ‘Documentos papales de la catedral de Santiago’ (1985), ‘Los reyes y Santiago’ (1986), ‘Santiago y América’ (1993), ‘A xeración do 98 nas Bibliotecas Públicas Provinciais de Galicia’ (1998) e ‘Facies Deitatis: As faces de Deus’ (2000). Foi colaborador e asesor científico para a Exposición do VIII Centenario do Pórtico da Gloria (1988); Rande 1702: arde o mar (Vigo, 2002) e outros. É membro da xunta de goberno da Sociedade Menéndez Pelayo (1999), da Asociación Española de Bibliografía, dos comités organizadores das Xornadas de Arquivos, Bibliotecas e Museos de Galicia de ANABAD-Galicia e do relatorio asesor de Biblioteca-Hemeroteca da Fundación Cidade da Cultura.

Colaborou no proxecto de rehabilitación do parque de ‘El Pasatiempo’ de Betanzos (1988), o plan especial de protección e ordenación do casco histórico de Betanzos (1989) e do parque da Alameda de Santiago de Compostela (2005). Publicou o seu primeiro artigo en El Correo Gallego (1980), ademais, na última década: ‘El Pasatiempo: o capricho dun indiano’, ‘A arquitectura americana en Galicia’, ‘Florence Nightingale y la arquitectura de pabellones’, ‘Uxío Carré Aldao: A imprenta e a prensa en Galicia’, ‘As orixes da imprenta en Galicia’, ‘Missale Auriense, 1494’, ‘O incunable de Mondoñedo, 1495’, ‘De re bibliographica galeciana: situación y perspectiva de la Bibliografía en Galicia’, ‘O catálogo colectivo do patrimonio bibliográfico de Galicia: balance dunha década (1987-1997)’, ‘A Catalogación automatizada, ruídos e silencios’, ‘Cadernos dun cazador de bibliosauros: José Villaamil y Castro e a Bibliografía en Galicia no século XIX’, ‘Mare libri brumale navigando’, ‘Manuel Murguía, e o seu Diccionario de escritores gallegos’, ‘Curros Enríquez e a crítica tradicionalista’, ‘Noticia del hallazgo de nuevas hojas de un importante incunable gallego: El misal compostelano de 1495’, ‘Control y censura del libro en Galicia en el siglo XIX’, A Imprenta en Galicia : século XIX (2 vol.) e ‘Breviario Auriense. O incunable de 1485-90’ e artigos para congresos, catálogos e revistas especializadas entre outros.

 Outros datos de interese

Hai referencias ás súas obras en: ‘Diccionario de escritores en lingua galega’, Francisco Fernández del Riego, Edicións do Castro (1992); ‘Quién es Quién en la Información y Documentación: España 1988’; ‘Gallegos: Quién es quién en la Galicia del siglo XXI’, Santiago de Compostela, El Correo (2002); ‘Gran Enciclopedia Galega’, Lugo (2003) e ‘Directorio EXIT: Directorio de expertos en el tratamiento de la Información’.