Antonio Santiago Álvarez


Pseudónimo:Nito
Categoría: Escritor e comediógrafo
Data de Nacemento: 8 de decembro de 1895 (†5 de xullo de 1979)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Emigrou a Cuba e comezou a exercer de xornalista. Posteriormente regresou á súa cidade natal e traballou en La Voz de Galicia ata que se xubilou.

 Obras realizadas

Escribiu numerosas pezas satíricas sobre a actualidade da súa cidade entre as que destacan: Los líos del Estatuto o "miss" Capitalidad; Vuelan mis ferretes; Viaje de "mis" Patela, de Nueva York a La Grela; Un ferrete sin censura es más bravo que un miura, etc. Ademais escribiu moitas comedias e varias zarzuelas entre as que destacan El indulto e La represa y el río.

 Outros datos de interese

No seu oitenta aniversario rendéronlle unha gran homenaxe no Teatro Colón da Coruña.